Programación Biblioteca Xosé Neira Vilas Agosto

cabecera3

 

 

OS INKLINGS

mostra bibliográfica

Do 1 de Xullo ao 31 de Agosto – Horario de apertura da biblioteca

Para: público en xeral, todas as persoas que se acheguen á biblioteca

 

Durante os mes de xullo e agosto a Biblioteca Neira Vilas ofrece unha mostra bibliográfica e audiovisual onde se recollen varios dos títulos máis destacados dos Inklings.
Baixo este nome atopase o círculo literario máis influínte do século XX formado por autores coma C.S. Lewis, o autor da saga de “Crónicas de Narnia” ou J.R.R. Tolkien, autor da saga “O señor dos aneis”.
Un grupo de rapazas que se xuntában entre 1930 e 1960 en Oxford para reivindicar a ficción e a fantasía, o espírito e a imaxinación na era das máquinas.

******************************************************************************************************************************************

 

CITA A CEGAS

Meses de Xullo e Agosto – Horario de apertura da biblioteca

Para: público usuario da biblioteca

 

Durante os mes de xullo e agosto a Biblioteca Neira Vilas ofrece ao seu público unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser o seu gran amor literario. Neste meses de verán estarán a disposición do público usuario unha serie de paquetes pechados que poderán levar a casa emprestados. Sen saber que están levando ata que o abrir o paquete desvelen o seu segredo. E atoparanse co que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou gran amor.

**********************************************************************

 

ACHÉGATE Á… bioloxía marina

Martes 6, 13, 20 e 27 de Agosto – de 11.00 a 13.00

Previa inscrición * Aberto o prazo de inscrición

Para: público infantil maiores de 6 anos

 

Neste obradoiro achegaremos aos nenos os coñecementos básicos sobre os mares e os seres que os habitan, ademais de ensinarlles como facer unha colección de cunchas dun modo sinxelo.

******************************************************************************************************************************************

 

TERRAZAS LITERARIAS

Luns 5 e martes 6 de Agosto – 20.00 h.

Previa inscrición * 15 de Xullo ábrese o prazo de inscrición

Para: público xeral, maiores de 16 anos

 

Domingo Villar e Francisco Castro inauguraran as nosas Terrazas Literarias. Aproveitando o bo tempo do verán sairemos a rúa para facer un encontro con escritores. Unhas reunións informais onde os participantes poderán falar e preguntar aos escritores sobre o que rodea o mundo literario (creación, edición…) nun ambiente lúdico amigable ao tempo que se goza co solpor.

******************************************************************************************************************************************

 

O SABADIÑO DO ROQUE

Sábado 7 de Setembro – 12.00 h.

Previa inscrición * 17 de Agosto ábrese o prazo de inscrición

Para: público infantil, de 3 a 10 anos

 

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

******************************************************************************************************************************************

 

ACHÉGATE Á INTERNET… Iniciación I

Do marte 10 ao xoves 12 de Setembro – de 10.00 a 12.00 h.

Previa inscrición * 17 de Agosto ábrese o prazo de inscrición

Para: persoas usuarios da biblioteca maiores de 16 anos con escasos coñecementos de informática e internet

 

Ante o éxito das pasadas edicións do curso “Achégate á Internet:Iniciación I”, e a crecente demanda por parte do público usuario solicitando información sobre a realización de novos cursos básicos de manexo da Internet, preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital.

Nesta ocasión con “Achégate á Internet:Iniciación I” ofertamos un programa básico, para que o alumnado poida utilizar as ferramentas para o manexo básico de informática e Internet.

******************************************************************************************************************************************

 

INSCRICIÓN

*As persoas interesadas en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Estade atentos o blog da biblioteca onde podedes atopar máis información das actividades de verán.

 

 

bpvigoneiravilas.blogspot.com.es

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente.Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario