Noite de sábado e na tele botan “Pulp fiction”, unha película desenfreada onde a historia entrelazada e con saltos temporais dos `90 fixo que se nos ocorrese a idea de botar man dalgúns das súas personaxes para montar o noso propio “Pulp Fiction”. Ó día seguinte pedímoslle a Andrés Bonader, por aquel entón copropietario da Taberna Marrucho se podíanos cedelo espazo para traballar nun teatro para a taberna, algo propio de alí, con chistes que non saísen da zona do Val Miñor, algo para a familia de colegas que temos. As ideas xa estaban expostas e puxémonos a traballar, Patri mais eu e coa colaboración da nosa colega arxentina Lú, que con esforzo puido sacar con nos esta pequena idea de facer teatro-bar.
Chegou o dia da estrea despois de 3 semanas de ensaios, creación, birras… e conversas no bar. Apostamos por facer algo distinto, unha interacción directa có espectador pero sen apelalo, sen precisala súa axuda. Como o numeriño que tiñamos non era longo para un só espectáculo, o ou tan curto como para facer microteatro, decidimos facer tres pases da mesma obra en 4 horas. O Marrucho estaba ata os topes, entre amigos e familia conseguimos o que queriamos, facer teatro para os nosos.
O tempo pasou e Lú tivo que marchar á terra de Borges, e aquí quedamos Patri mais eu ca obra e unha idea do máis orixinal, non tiñamos nome de grupo nin de espectáculo, pero sabíamos que cun pouco de esforzo poderiamos facer algo moito mellor.
Contactamos con Jorge Gallardo, colega da ESAD de Galicia, propuxémoslle a idea e como non… facer Tarantino en teatro é todo un pracer. Foi entón cando surdiron os nomes, as ideas, os proxectos. Puxémonos a andar en tres ensaios e xa estabamos de volta nos bares “8mm. teatro presenta …… Unha historia de amor ao Tarantino”. Tiñamos todo, un nome con forza, unha idea orixinal… e, o mellor de todo, un espectáculo no cal os primeiros en pasalo ben somos nos.
O pasado mes de maio 8mm. Teatro tivemos a oportunidade de ser convidados a participar no festival de teatro lusófono, Ponte na escena en Gondomar.
Aportamos neste día de apertura o aspecto cómico e distendido. O noso cometido é integrar ao espectador como parte imprescindible do espectáculo, xa que, grazas á súa participación e xunto coas súas risas fan que » Unha historia de amor ao Tarantino» cobre vida por completo. Sendo este elemento a peza final a encaixar no puzzle. Dicimos isto, porque estamos moi satisfeitos e orgullos por acadar un bo resultado e ter unha boa acollida, tanto por parte do festival como polo propio local, «Catro Camiños» onde nos vimos sumerxidos nun ambiente tan profesional como amigable. Isto é un aliciente para nós, para seguir apostando por este novo formato onde «A distancia entre actor e o espectador» é tan só de 8mm. Tiñamos moita ilusión por esta actuación porque era o primeiro festival de teatro que se fai na nosa localidade veciña de Gondomar. “Unha Historia de amor a lo Tarantino” é unha peza de 40 minutos onde o espectador está sumerxido in situ nun ambiente de teatro-cine, a unha curta distancia do actor. Comedia macabra nun formato de encadernación teatral ao rústico e de consumo popular.
A nosa idea de teatro de consumo popular ten unha razón de peso, e é que non cobramos entrada, arriscámonos a que sexa o público quen deixe os cartos na gorra por un bo motivo, sabemos que o publico o pasa xenial nas funcións… e por que non ían deixar cartos naquelo que lles gusta? Agora mesmo temos uns cartiños aforrados para poder crecer como compañía e poder seguir facendo mais teatro.
Estamos traballando no seguinte espectáculo, que será a continuación do anterior, con máis sorpresas, con máis atracos, pero desta vez todo acontece en México e de Tarantino pasaremos a Robert Rodríguez.
Pronto sairán á luz os deseños que o noso colega Miska Russel está a facer para nós, un agasallo que nos deu por que sí… por que lle peta… e por que no Val Miñor a familia é moi grande.
Dende 8mm. queremos agradecer a todos esas persoas que axudan dende o anonimato para facer públicos so seus nomes: Andrés Bonader, Gabriel Reigosa, Taberna Marrucho, Carlos Gendebeat, Martín Souto, Zalo Estevez, Kike Pereira, Limiar Teatro, Fran Nuñez, Julia Torres, Alberte Bello… e todo o publico que colabora con nos e que nos segue.
O elenco de 8mm teatro son: Jorge Gallardo, Patricia Torres e Hugo Rodríguez.