7H – Cooperativa Cultural

7H logo

7H é unha cooperativa de traballo asociado e sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a unión e regularización do sector profesional das industrias Culturais e Creativas en Galicia; así como a dinamización do traballo de socias e socios e a creación de proxectos, dinámicas e outras accións que promovan o asentamento da creación artística na sociedade.

A súa esencia como proxecto é aplicar os valores cooperativos para axudar a construir unha comunidade cunha estrutura participativa e democrática, onde se visibilice a apoie aos traballadores do sector e na se adquira un claro compromiso de traballo de cara á sociedade.

OBXECTIVOS

En 7H estamos convencidos de que non só é posible mellorar a realidade laboral do sector cultural e creativo; tamén é necesario. Unha positiva valoración do propio colectivo, a súa unión e regularización laboral, así como a procura dunha maior visibilización social dos profesionais do sector, resultan imprescindibles para facilitar este proceso.

Por todo isto, tres son os obxectivos básicos de 7H:

• Conseguir unhas condicións apropiadas para os traballadores da cultura facilitando un marco legal no que traballar e promovendo en colectividade a defensa dos nosos dereitos.
• Crear unha comunidade activa onde xerar sinerxías, compartir experiencias, ideas, promover melloras na formación e unirnos para lograr maior visibilización de cara a sociedade; así como vantaxes como colectivo fronte a administración
• Promocionar e democratizar a creación contemporánea mediante o desenvolvemento de proxectos artísticos sen ánimo de lucro nos que prevaleza a implicación social sobre o interese económico.

imaxe_brixida

 

QUÉ OFRECEN?

Co obxectivo de posibilitar un marco laboral legal para os profesionais da cultura 7H actúa como estrutura paraugas, facilitando o traballo de xestión para as socias e socios. A cooperativa é a encargada de xestionar coa Administración os temas de contratación e facturación; cada socio traballador pode así cotizar polo Réxime Xeral da Seguridade Social con todas as súas garantías e abonando os gravames só cando realice un traballo.

O corazón de 7H é a plataforma networking, un espazo de encontro 2.0 creado para fomentar a participación entre socios; unha comunidade en rede onde compartir experiencias e propostas, facilitar a creación conxunta de proxectos e solventar as necesidades e problemas do sector. Ademais deste espazo interactivo integrado na web, cada profesional conta cun espazo personal en formato portafolio no que expoñer os seus traballos.

Por outra banda, 7H ten como meta ofrecer unha formación práctica e continua, tanto no campo da xestión administrativa como no eido creativo; e respondendo sempre ás necesidades das nosas socias e socios.

POR QUE UNIRTE?

Eres profesional independente e non cotizas máis de 15.000€ ao ano? Estás iniciando unha actividade profesional pero non podes cotizar como autónomo? Ocasionalmente precisas facturar algunha nómina por conta propia? Entón asóciate!

www.7hcoop.es

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.