Fai uns meses Marta Villar presentaba o noso proxecto aquí en Croa e invitábamos a participar deste bonito Magazine colectivo. E aquí estamos… iniciando una tanda de entrevistas coas que queremos dar a coñecer aos creativos que xa forman (formamos) parte de 7H Cooperativa Cultural.
Hoxe presentámosvos a Io Morales, a persoa que está detrás de Actante Dorado, un proxecto artístico onde conflúe unha maneira diferente de entender a escultura e a cultura pop.
7H – Boas Io, podes contarnos un pouco máis sobre como naceu e que significa para ti Actante Dorado?
Io – Pois como adoita suceder con moitas cousas na vida a miña relación co ganchillo surxiu de maneira fortuíta, cando rematei os meus estudios no Mestre Mateo intentei montar un taller na casa, pero dou fé de que é algo tremendamente sucio e complicado de compaxinar senon tes un espacio específico ( recordo a miña nai queixarse de restos de escaiola e barro por toda a casa ) e debeu ser por aquel momento máis ou menos cando descubrín o mundo do amigurumi, que nin máis nin menos supoñia a creación de elementos volumétricos realizados en ganchillo, a idea fascinoume e ademáis supoñía poder desarrollar a miña actividade cunha porcentaxe de suciedade » mínima» hahaha… Así foi como quedei rendida á orixinalidade que supoñía o uso do fío e das técnicas tradicionais de tecido como material escultórico. Xa era unha namorada do Pop Art e do estilo Naif pero no momento en que vin a posibilidade de fusionalo con algo para min tan alucinante como o Soft art xa quedei prendada sen remedio e aquí estamos ata o día de hoxe…
7H- Como aprendiches a técnica do amigurumi? Que destacarías sobre esta técnica e que foi o que che impulsou a facela túa como marca de identidade?
Io- A técnica do amigurumi en sí é bastante sinxela, adóitase utilizar o punto básico do ganchillo , punto baixo que se lle chama, e se traballa en espiral ou lineal para así crear despois do recheo e cosido das mesmas, unha forma volumétrica completa. A técnica descubrina gracias a Google imaxes e o seu poder globalizador hahaha, pero foi miña nai a que dende pequena me ensinou o básico do mundo do ganchillo e a calceta. Unha parte que penso que é fundamental e que fai tan atractivo o Fiber art é a dicotomía aparente que surxe entre o mundo do arte e da artesanía, do ámbito privado e do público, do que se supón que son os procesos escultóricos e dos que non, e do tamén do feminino frente o canonizado (o masculino). A visión do arte como algo aberto, transversal e multidisciplinar penso que é sinxelamente algo marabilloso.
7H – Algún/ha artista de referencia co que te sintas identificada ou que sexa a túa fonte de inspiración?
Io – Artistas que teña agora mesmo no meu pensamento son Patricia Waller, Joana Vasconcelos ou Anna Walz.
7H – Polo seu coidado e detalle sería un erro calificar de simples bonecos ás túas esculturas en fío: adoitas crear máis libremente ou sobre todo por encargo? Lembras algunha que fose especialmente complicada de crear?
Io – A verdade é que non deixan de ser bonecos, hahaha, unha das cousas que parecen canonizadas na Escultura é a necesidade de traspasar certas escalas, eu optei por ceñirme á pequena escala por un problema de tempos, isto permíteme xerar a maioria das ideas que se me pasan pola cabeza( que non son poucas hahaha) nun espacio de tempo razoable. Tanto creo por encargo como por iniciativa propia, a verdade é que disfruto moito máis cando fago eu os meus propios deseños, pero supoño que iso nos pasa a tódolos creadores. A miña primeira obra, un Golden Retriever sevillana, que foi para un certame de fundas kitsch, penso que é un bo exemplo de como desenvolvo esta actividade, que é dunha maneira tremendamente particular e persoal e sempre, sempre con moito humor.
7H – E por último, as túas pezas teñen sido premiadas e expostas en diversas ocasións, destácasnos algunha?
Io – Coa funda kitsch para termo quedei de segunda no I Certame de fundas Kitsch que organizou Dudúa, este ano a miña versión de Darrell Dimebag salíu na Billboard Magazine e participei cunhas pezas na Exposición Mundial de Amigurumi en Nova York.
Para máis información:
www.7Hcoop.es
info@7hcoop.es