XXVII Festival da Poesia no Condado: ‘Desobediência’

Como xa dixemos, o verán ven sempre cargadiño de festivais e por iso hoxe vos queremos presentar un deles, pero que pouco ten que ver coa maioría salvo polo fomento da creatividade nas diferentes disciplinas.

Hoxe vos falamos do Festival de Poesía no Condado que se celebra cada ano en Salvaterra do Miño e que berran por poder celebrar a súa XXVII edición.

Como tantas outras iniciativas, este festival topouse coa grande problemática dos festivais, a financiación. Non queren ter que renunciar ás exposicións, á música ou á sección audiovisual, entre moitas outras actividades que veñen realizando anos atrás.

“Queremos que o nosso público o tenha todo. No festival e na vida: queremos umha vida digna, direito à sanidade e ao ensino, a teito, á alimentaçom, a um trabalho que nom nos roube o tempo e a saúde, a umha estrutura que dea cobertura às pessoas em situaçom de dependência, a um sistema económico que nom expolie os nossos recursos, a umha vida amável.”

Por todo isto berran “Desobediência” para que non se abandonen as iniciativas culturais populares para substituílo, como eles mesmos din “para dar-lhe ao mamotreto da Cidade da Cultura”.

verkami_40a10d47554818efe513f1da8929c2cb

Por todo isto a organización está realizando unha campaña de crowdfunding, non por capricho, este ano cumprirá 40 dende que se comezou a celebrar, xa que naceu no 81 (cunha pequena parada polo medio). Este festival foi autoxestionado, autofinanciado e celebrado durante vinte seis edicións (con cotas de socios/as, organizando xantares e festas, solicitando aportacións, vendendo libros…).

As subvencións para asociacións culturais nin se convocan e a aportación que lles daba o concello de Salvaterra viuse reducida nun 60% nestes últimos dous anos. As cotas, espazos publicitarios e aportacións vense obrigadas a baixar pola situación económica e por isto precisan, este ano máis que nunca, a solidariedade de todos.

A finalidade dos cartos da financiación será pagar aos poetas, aos grupos musicais, equipamento de son, iluminación e palco, a edición da antoloxía poética do festival.

Non deixemos que se tiren por terra 40 anos de poesía, 40 anos de Desobediencia.

Fai click aquí para coñecer a súa campaña de crowdfunding, máis detalles e as súas recompensas. Anímate a colaborar.

1011312_524767790905377_607176429_n

Visita a súa página web e coñece a programación de este ano.

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente.Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario