cando? MÉRCORES 24 DE XULLO A PARTIR DAS 21:30 HORAS
onde? NA EXPLANADA DE LAVANDEIRAS, EN CELEIRO (VIVEIRO)
canto? ENTRADA DE BALDE
O ARREAOCABO é un festival de música rock que se celebra no pobo mariñeiro de Celeiro, pertencente ao municipio de Viveiro (Lugo), todos os anos a mediados do mes de Xullo.
O ano 2013 será a oitava edición deste festival. Oito anos nos que logrou converterse nun dos festivais de referencia, cunha asistencia de público que soe rondar as 2000 persoas e que este ano pretenden superar.
Mediante a organización deste evento, a A.C.D. Penalba-Colectivo Chilindrín pretende ofertar actuacións en directo de agrupacións contrastadas a nivel nacional e de bandas galegas de recoñecido prestixio; aproveitando, ao mesmo tempo, para establecer unha plataforma útil para grupos locais e así se promocionar.
Coa actuación en directo de:
MIGUEL COSTAS
TERBUTALINA
THE LÁKAZANS
SUNDAY MORNING CLUB
FACTORY
Haberá zona de aparcamento, zona de acampada de balde, zona de mercado e barras de bebida a prezos populares.
Máis info en:
www.facebook.com/festivalarreaocabo
www.twitter.com/arreaocabo