Why Go – Kara

WHY GO é unha banda viguesa que leva máis dunha década elaborando diferentes traballos con grandes e aclamadas críticas, tanto polo público como por medios nacionais e internacionais como Mondosonoro en España, Ouébe Musique de Canadá ou Byte FM en Alemaña, entre outros. Os seus primeiros traballos foron editados por Trastienda Edicións Virtuais de Salamanca e pola netlabel Masteroaster Recordings de Barcelona, entre as que suman máis de 11.000 descargas. Estes vigueses apostan pola exaltación de emocións agochadas e a experimentación musical durante as súas actuacións, creando así paisaces sonoras que fan reflexionar ao oínte. No pasado ano 2014 presentaron o seu último traballo e segundo álbum chamado Kara, onde se mestural de forma especial diversas áreas artísticas. Baixo o formato de libro-disco, unen as súas mans as artes da ilustración, o relato curto e a música, utilizando a grande potencia melódica que ofrece a lingua galega como medio de comunicación principal. Acompañados polas ilustracións da artista moldava Natasha Lelenco, a banda realiza a súa correspondente Banda Sonora Orixinal, onde predomina a variedade de matices e texturas musicais dentro dun xénero que ben poderíamos cualificar de popular ou rural. A fináis dese ano, Kara foi recoñecido pola crítica, sendo finalista dos Premios Nacionais da Música Independente, dentro da categoría de mellor álbum en galego.

_DSC0743

HECTOR AGULLA BATERÍA · PABLO GARNELO GUITARRA · RUBÉN FERNÁNDEZ PIANO Y VOZ · JAVIER GUEDE BAIXO · OLALLA MARTÍNEZ VIOLÍN

whygomusic.bandcamp.com

Deja un comentario