Vigo ten Swing – Unha aproximación á historia do Jazz en Vigo

O pasado 25 de Xuño tivemos o pracer de pasear pola mostra «Vigo ten Swing», inspirada polo décimo aniversario do Festival de Jazz Vigués Imaxinasons, estará dispoñible para a recomendada visita ata o próximo 27 de Xullo.

Moito se ten falado da «Movida viguesa» como referente do panorama musical, pero parece que moitos tardan en decatarse que a riqueza sonora da cidade olívica vai moito máis aló, con innumerables salas de concertos (das pequenas, das curriñas, nas que o músico e o público manteñen unha conversación), grande número de festivais… deixan latente a presenza do jazz en Vigo, do swing.

Eu teño unha relación moi íntima con esta exposición xa que locales vigueses como o Malecón, a Negra Tomasa, o Manteca ou o Xancarajazz son parte da miña familia; pero fálase de tantos e tantos locáis nesta mostra, invitándote a trasladarte a eles (pese a que algúns pecharan as súas portas anos atrás), tantos festiváis, concertos… que todos encontraredes, coma min, un pedazo da vosa familia en Vigo ten Swing.

Vos deixamos cun pequeno paseo pola exposición.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario