Seminario de Exiptoloxía “O esplendor de Exipto: a dinastía XVIII”

Egipto495

O salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acolle desde o mércores 24 de abril o Seminario de Exiptoloxía O esplendor de Exipto: a dinastía XVIII. A revolución de Amarna e a restauración do deus Amón. Está a cargo de Francisco Martín Valentín, director do Instituto de Estudos do Antigo Exipto e da Misión Arqueolóxica Española en Luxor, e Teresa Bedman, codirectora da mesma Misión.

Ver programa

A entrada, a calquera das sesións, é libre ata completar aforo. A clausura está prevista para as 20:00 h do venres 26, coa conferencia sobre o proxecto que Francisco Martín Valentín e Teresa Bedman están levando a cabo en Exipto.

As persoas que desexen obter diploma de asistencia deberán inscribirse previamente na secretaría do Museo (teléfono 986 804 100, ext. 42436).

Iria F. Mouriz

Deja un comentario