Presentación de curtametraxes e videoclips ao XII Festival de Cans 2015

Bases

A Asociación Cultural Arela abre o plazo de admisión de curtametraxes e de videoclips para participar na XII edición do Festival de Cans.

As bases son as seguintes:

1.    As curtametraxes e videoclips que se presenten a concurso deben ser obras galegas dos anos 2013, 2014 ou 2015. A efectos de participación neste festival, por curtametraxes galegas enténdese pezas producidas por produtoras de Galicia ou de fóra de Galicia pero cuxo director ou directora sexa galego. Os videoclips que se presenten deben ser de grupos galegos e estar dirixidos por directores ou directoras galegos.

2.    Aínda que non sexa condición indispensable, valorarase que as obras a concurso sexan estreas absolutas e que non foran aínda amosadas publicamente e así se fará constar nas observacións da ficha de inscrición. Tamén se valorará no caso das obras de ficción que o reparto estea formado por actrices e actores galegos.

3.    Establécense as seguintes categorías a concurso:
a)    Curtametraxes de ficción ou non-ficción
b)    Curtametraxes de animación
c)    Videoclips

O certame admitirá todo tipo de curtametraxes que puidesen ser incluídas noutras seccións fóra de concurso, como documentais, capítulos de webseries ou outras pezas audiovisuais. De feito, non se descarta abrir novas categorías a concurso en función do material recibido. En todos os casos se valorará que as pezas non foran estreadas previamente.

4.    A duración de cada curtametraxe non superará os 30 minutos.

5.    Establécense os seguintes premios, coa dotación económica e/ou os galardóns que se se indican(1):

a)    Premio do xurado á Mellor Curtametraxe: 1.500 euros e Can de Pedra.
b)    Premio do público a Mellor Curtametraxe:1.000 euros e Can de Pedra
c)    Premio do xurado a Mellor Curta de animación: 1.500 euros e Can de Pedra. (2)
d)    Premio do xurado ao Mellor Guión: 300 euros e Can de Pedra
e)    Premio do xurado á Mellor Realización: 300 euros e Can de Pedra
f)    Premio do xurado ao Mellor Videoclip: 300 euros e Can de Pedra
g)    Premio do público ao Mellor Videoclip: 300 euros e Can de Pedra
h)    Premio do xurado dos veciños á Mellor Curta: Can de Pedra
i)    Premio do xurado ao  Mellor Actor: Can de Pedra
j)    Premio do xurado á Mellor  Actriz: Can de Pedra
k)    Premio do xurado a Mellor Banda Sonora Orixinal: Can de Pedra

6.    A data límite para enviar as pezas será o venres 6 de marzo de 2015 ás 23.59 horas da noite. A inscrición terá un prezo de 2 euros e farase a través do portal web www.festhome.com completando todos os pasos que nel se indican. Para calquera dúbida ao respecto, as persoas interesadas poderán contactar co correodir.festivaldecans@gmail.com

7.    Todas as curtametraxes e o material audiovisual que se envíe para concursar e participar en Cans deberán ter o seguinte formato de proxección: .MOV ou .MPEG (codec H264)/ bitrate max 15000 kbps, audio AAC. Resolución: 1280 x 720 ou superior.

8.    As obras seleccionadas serán exhibidas dentro da programación do XII Festival de Cans que terá lugar do 20 ao 23 de maio de 2015.

9.    Na ficha de inscrición da obra debe especificarse claramente quen é o ou a representante legal da obra. En caso de ser premiada cunha dotación económica, o ou a representante legal será quen ingresará a cantidade correspondente. Así mesmo, o autor/a ou representente legal da curta comprométese a presentar obras onde as imaxes e as músicas sexan orixinais ou no seu caso teñan o permiso necesario para utilizalas, que deberán adxuntar se así o require a organización.

10.    A organización resérvase o dereito de empregar ata o 10% do minutado de cada peza seleccionada para uso promocional do festival e das propias obras.

11.    As obras seleccionadas non se devolverán aos autores, pasando formar parte do arquivo do festival.

12.    As obras gañadoras poderán ser exhibidas integramente, despois da celebración do evento, nun circuito de actos promocionais do Festival de Cans a celebrar en varias localidades galegas, españolas e doutros países, previa comunicación á persoa responsable legal da obra.

13.    Establécense tres xurados: xurado de curtametraxes, xurado de videoclips e xurado especial dos veciños de Cans.
a)    Os xurados de curtametraxes e de videoclips estarán formados por profesionais dos ámbitos do cine, do audiovisual, da música, da comunicación e da cultura. Serán anunciados antes do inicio do festival e a súa decisión será inapelable. Os xurados poderán establecer as mencións especiais que consideren oportunas.
b)    Para os premios do público, as votacións efectuaranse mediante papeleta que se dará aos asistentes a cada sesión. Será gañadora en cada categoría a obra coa mellor media aritmética, resultante de dividir a puntuación total obtida en cada sesión entre o número de votantes e sumar despois as medias obtidas pola obra en todas as sesións.
c)    Os premios poderán quedar desertos se algún dos xurados así o decide.

14.     A participación nesta convocatoria implica a aceptación destas bases.

Asociación Cultural Arela
12 de xaneiro de 2015

www.festivaldecans.com

Descarga

icon BASES DA CONVOCATORIA PARA CURTAMETRAXES E VIDEOCLIPS

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario