Os jalpóns do Festival de Cans buscan padriños

O certame ofrécelles ás marcas a oportunidade de darse a coñecer dunha maneira orixinal nun evento que xunta cada ano máis de 12.000 persoas e que conta cun público fiel e participativo tamén nas redes, onde rebasa os 25.000 seguidores

 

Os jalpóns do Festival de Cans buscan padriño. As dez salas nas que se proxectan as curtas da sección oficial e as pezas das seccións paralelas e onde teñen lugar os encontros e presentacións de novos proxectos ofrécense como espazo promocional privilexiado para patrocinadores públicos ou privados que queiran axudar a levar adiante a duodécima edición do Festival, que se celebrará do 20 ao 23 de maio na parroquia de Cans (O Porriño). A Asociación Cultural Arela busca novos apoios e novas vías de financiamento para a organización dun evento que conta cun público é fiel e activo, non só á hora de achegarse cada ano ata o Porriño, senón tamén nas redes sociais, onde congrega xa a máis de 25.000 seguidores en Facebook e 4.700 en Twitter.

Ofrecen visibilidade na próxima edición do festival e na rede, a cambio do que cada marca poida achegar. O festival comprométese a buscar propostas de visibilización orixinais e específicas, á medida de cada marca: dende grandes empresas que queiran patrocinar un dos espazos singulares do certame ata pequenos negocios que desexen facer intercambios en especies -como empresas de automóbiles, alimentación, telefonía ou informática-, poñer un spot nas pantallas das salas antes do visionado das curtas ou un anuncio no Canzine, a revista oficial do certame. Búscanse especificamente empresas relacionadas co sector infantil, xa que este ano se habilitarán espazos para os máis pequenos. Aquelas empresas que estean interesadas en apoiar o festival poden contactar coa organización a través do mail patrocina@festivaldecans.com.

O Festival abriu esta vía de busca de patrocinio privado ante a incerteza das achegas dos organismos públicos e en anos anteriores obtivo unha boa resposta, sobre todo, por parte de pequenas empresas de distintos sectores. Na pasada edición foron máis de 70 as empresas e institucións que colaboraron dun ou doutro xeito co evento. O festival considera que as administracións teñen unha responsabilidade no apoio á creación e a difusión cultural, polo que agardan incrementar as axudas públicas, pero intentan xerar ingresos propios e patrocinios privados para evitar na medida do posible que os retrasos e incertezas das achegas públicas afecten á organización do evento.

Se precisades máis información ou imaxe, non dubidedes en pedilas = Sonia Díaz Pereiro | 679 96 56 92

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario