IV Minho Reggae Splash

por Cristina Rodríguez Estévez.

web

Moitos poden preguntarse en qué consiste un festival de reggae; quizais un lugar cheo de xente con rastas escoitando ritmos xamaicanos durante todo o día ou un festival destinado a xente dunha idade determinada cun gusto musical moi marcado. Pero o Minho Reggae non é nada diso. Non queremos convencervos de que este ano o Minho Reggae Splash vai ser incrible, xa que non somos adiviños. Só queremos contarvos a nosa experiencia do ano pasado para que vós mesmos saquedes as vosas conclusións.

Chegamos un quente día de Setembro a Vilanova con moitas ganas dun fin de semana cheo de música. Alí, sentado nunha mesa de praia, recibiunos un dos organizadores que nos acompañou ata un lugar no que poñer a nosa tenda. Como eramos principiantes deunos unhas clases rápidas de en qué consistía o festival, cales eran os horarios e qué era o que nos atopariamos. O que non sabiamos e que logo descubrimos foi que se trataba de Javier Marcos, non só compoñente da organización do festival, senón tamén integrante de grupos como Transivanians ou Meninos Carentes. Xa instaladas na zona de acampada puidemos comprobar o bo ambiente que se respiraba: tratábase dunha grande comunidade na que non había grupos pechados diante das súas tendas, reinaba a hospitalidade e o bo roio entre completos descoñecidos.

A media noite decidimos ir na procura da zona de concertos. Como novatas que eramos pensabamos que non tardariamos nada en chegar e nos riamos da xente que ía en coche ata alá. O que non sabiamos era que sería una odisea chegar ata o recinto e que nos quedaba un longo treito; unha odisea chea de risas con xente que ía igual de perdida ou de historias inventadas sobre o entorno que nos rodeaba.

Antes de entrar ó recinto recollemos a pulseira que nos daba o acceso. Decatámonos de que era unha pulseira reutilizada, primeira pista do que nos atopariamos dentro: todo favorecía que ao aforro. Por este motivo os vasos das barras eran de plástico duro, para que un durase toda a noite. Isto, entre outras propostas, reflicten unha aposta pola reciclaxe e mostran a filosofía do non desperdicio e da importancia da limpeza do espazo durante o festival.

web2

 

Unha vez dentro do recinto comezamos a ver unha estraña secta de xente coa cara pintada, dende liñas moradas dende a fronte ata o nariz, ata flores, pasando por estrañas formas con multitude de cores. Nós tamén queriamos formar parte daquela secta! Preguntando a uns e outros decatámonos de que medio festival estaba buscando ao artífice desa obra de arte colectiva. Despois duns minutos de preguntas sen resposta ou indicacións sen sentido como “é un rapaz que viste…” ou, “preguntade alí diante que seguro que o atopades…”, demos cun grupo de xente ao redor dun rapaz que, cun sorriso de satisfacción, pintaba caras sen parar.

web3

 

Versións ou virtuosos do saxo fixeron que non deixásemos de bailar ata ben entrada a noite. As barras do recinto estaban ateigadas de xente que quería saciar a calor cunha cervexa e que, debido aos bos prezos, non dubidaba en aportar uns euros e así manterse fresco.

A noite rematou cun moi bo sabor de boca, unha noite chea de música e bo ambiente e cun paseo de volta á acampada con xente descoñecida e compartindo impresións sobre a noite que acababamos de vivir.

Á mañá seguinte espertamos coas voces e as cancións dos que xa estaban en pe. Ao saír da tenda puidemos ver a cantidade de xente que había acampada. Xa non só eran as tendas as que ateigaban a zona, senón tamén furgonetas ou coches convertidos en lugares onde descansar tras unha longa noite. Vimos que toda a xente alí acampada dirixíase cara o mesmo lugar, así que, curiosas, decidimos seguilos. Chegamos entón a unha praia fluvial ateigada de xente que se refrescaba nas frías augas do Miño. Algúns durmían, outros charlaban e outros, os máis animados, cantaban e tocaban animando a todos os alí presentes. Coma no resto do festival, alí ninguén tiña prohibida a entrada: maiores, pequenos, homes, mulleres, asistentes, non asistentes ou incluso cans compartían a area na praia fluvial e collían forzas para o día que tiñan aínda por diante; xa que as actividades do Minho Reggae Splash non son unicamente nocturnas, polo día shows de rúa, actividades ou talleres enchían Vilanova de vida, permitindo gozar do ambiente tamén aos habitantes da vila.

web3

Despois dunha tarde chea de actividades volveu a noite a Vilanova da man da música e, como non, as caras pintadas. De volta ao recinto, puidemos comprobar que a liña que viramos o día anterior volvía ás caras dos asistentes, esta vez de cor branca. Os diferentes músicos que pasaron polo escenario fixéronnos bailar tanto dende o céspede de arriba, como dende as gradas ou o chan de cemento. Ao noso carón compoñentes dos grupos que acababan de tocar ou que serían os seguintes en ocupar o escenario disfrutaban dos concertos; músicos e asistentes escoitando e sentindo a música de igual forma.

web4

A longa noite deixando tras de si caras totalmente pintadas, cantos, risas… algúns cansos que marchaban á zona de acampada ou outros que quedaban nas gradas cantando e bailando con cancións inventadas mentres se ía facendo de día pouco a pouco. Unha luz que daba por finalizado un festival de dous días cun ambiente insuperable, boa música e recordos que acompañarían ao asistente durante os 365 días que quedaban para esta nova edición do Minho Reggae Splash 2013.

Como podedes ver, a nosa experiencia foi moi positiva. Non só polo que vivimos entre coñecitos, senón polo que nos fixeron vivir o resto dos asistentes, a organización, os grupos… Todo isto e moito máis esperamos atopalo no Minho Reggae Splash que se celebrará o 6 e 7 de Setembro no espazo fortaleza de Goián, en Tomiño.

Non podemos adiantar nada do que pasará, o que si que podemos confirmarvos é que a comida ecolóxica seguirá formando parte do festival e que será servida en pratos, con garfos e panos compostables a favor ambiente.

Invitámosvos a todos a asistir este ano e que disfrutedes, como o faremos nós, de esta cuarta edición do Minho Reggae Splash.

Vídeo oficial del año pasado:

 

Entra en facebook y PARTICIPA EN EL CONCURSO de una entrada para disfrutar de este festival!

 

Aquí os dejamos el cartel del MINHO REGGAE SPLASH 2013:

1040747_507137836022590_2077659565_o

 

www.minhoreggae.com

 

HAZ CLICK AQUÍ Y VISITA CROA16

Cristina Rodríguez Estévez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *