III Bolsa de estudos de Deseño en Aula D

Aula D convoca o concurso de creatividade da III Bolsa de estudos de Deseño.
Concederanse dúas bolsas de estudos consistentes na realización sen custo do primeiro ano nun dos ciclos oficiais impartidos no centro: Comunicación Gráfica e Audiovisual (Técnico Superior en Gráfica Publicitaria) ou Deseño de Interiores (Técnico Superior en Proxectos e Dirección de Obras de Decoración), valorado cada un deles en máis de 3.600 €.
blog

Participantes:

Poderán participar todas aquelas persoas, de calquera procedencia con alomenos 17 anos cumpridos, a excepción daquelas que xa teñan recibido calquera tipo de formación académica, total ou parcial, nos ciclos formativos que se imparten na escola así como familiares do equipo docente ou do xurado.

Debido aos prazos establecidos pola Xunta de Galicia (que no momento da redacción destas bases aínda non están publicados) e aos requisitos necesarios para acceder a estes estudos mediante proba de acceso, recoméndase a tódolos/as participantes que se poñan en contacto coa escola antes do 10 de xuño no teléfono 986 214 076 onde se informará dos pasos a seguir para que, no caso de resultar gañador/a, non haxa impedimentos administrativos no momento de formalizar a matrícula oficial. A escola, en todo caso, informará aos participantes dos pasos necesarios para garantir o acceso a estes estudos.

 

Obxectivo:

“Buscamos alumnos e alumnas para os que a creatividade sexa algo estimulante, refrescante, e por iso queremos que nos sorprendas, que nos amoses a túa capacidade de ver o mundo cunha perspectiva diferente.

Só hai duas normas: deberás utilizar un folio de papel e a cor laranxa como elementos relevantes na túa proposta.
As posibilidades son infinitas: tomar unha fotografía, construir un obxecto, un espazo, facer unha ilustración, unha instalación, gravar un vídeo… ti decides. O importante é que a túa idea sexa orixinal, fuxindo dos tópicos e aportando algo novo, ben polo concepto, pola formalización ou por ámbalas dúas cousas.

A luz, os materiais, a cor, o volume, os usos, as persoas, os lugares, o significado… pensa nestas e outras cousas para cambialas, darlles a volta, ou traballar con elas. Tes liberdade para utilizar calquera técnica, material ou elemento, que pola súa forma, concepto ou contexto, aporte significado á túa idea.”

 

Inscrición e presentación das propostas:

Cada participante poderá enviar como máximo unha proposta. Para participar deberase cumplimentar o formulario de inscrición publicado na páxina web do centro e recibir confirmación. O material será presentado posteriormente, e dentro do prazo establecido, ben en persoa na propia escola, ben a través do enderezo de correo electrónico que seralle facilitado aos participantes inscritos.

Acompañarase unha breve descrición da idea, proceso de creación ou calquera texto que axude a explicar a proposta.

 

Calendario:

Inscrición e envío da propostas: como máximo ata o 19 de xuño ás 14:00h.
Non se aceptarán propostas enviadas fora do prazo.

Fallo do xurado: 29 de xuño, día no que se farán públicos os gañadores/as.

 

Xurado:

O xurado estará composto por membros cualificados do equipo directivo e docente da escola.
Na valoración das candidaturas terase especialmente en conta a orixinalidade da proposta, a capacidade de comunicación e a calidade plástica e conceptual.

 

Premios:

O xurado outorgará dous premios, consistentes nunha bolsa de estudos para cada un dos ciclos formativos de titulación oficial impartidos no centro, así como dous accesit consistentes na realización dun dos cursos de titulación propia ou monográficos que se impartirán no centro no vindeiro curso académico 2015-2016.

 

+ info aquí

 

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente.Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario