Gripo Gripo no Liceo Mutante

Esta fin de semana temos unha cita moi especial no Liceo Mutante de Pontevedra, os vindeiros 26 e 27 de xuño voltan a celebrar a edición de verán das fantabulosas Xornadas de Edición Modesta, esta vez baixo o nome de GRIPO GRIPO. «A nosa intención non é outra que a de manter o nivel de anteriores convocatorias e voltar a facer do Liceo Mutante durante un par de días o sitio máis importante do Planeta».

gripo gripo logo 150

 

37 participantes nun evento único que nos permitirá coñecer todo o que se cociña polo país e descubrir proxectos e xente interesantes.

Pero iso non é todo, senon que a maiores teñen organizadas dúas actuacións, unha por día, e con entrada de balde!

– Venres 26 ás 21.00: LOBISHOME

«Este vai ser o adeus ó Liceo dunha das bandas que máis pelou o cú no seu chan. Lobishome, uns clásicos entre os clásicos do garage-punk galego, xa non se aturan uns ós outros, polo que organizaron unha derradeira serie de concertos que arrinca no Liceo e que, con sorte, acabará a hostias entre eles con nós de espectadores. A verdade é que se nos fai raro pensar que xa non voltarán, pero, sexa como sexa, xa forman parte da historia do Liceo e de aí non os vai mover nin Dios bendito.»

 

– Sábado 27 ás 21.00: JUVENTUD JUCHÉ

«A ver… isto é un pepinazo que flipas!! Unha das bandas máis molonas e máis en forma de toda a península vai estar no GRIPO GRIPO, aí de risas!! Que vos podemos dicir de Juventud Juché? Pois que ides bailar coma se non houbera día seguinte, que teñen un batería que fai os polirritmos máis chanados da Europa mediterránea, que teñen un baixista que parace que toca culebras en vez de cordas, que teñen un cantante que berra coma un curricho o día da matanza e que ten a guitarra afiada coma unha machada das de cortar alcolitos. A súa última visita ó Liceo fora noutro histórico día: cando acompañaran a Fantasmage no que finalmente resultou ser o seu derradeiro concerto. Isto é un luxo que non o credes, coleguis!»

 

Toda a info sobre o evento e o que organizan dende o Liceo en plasticamutante.blogspot.com.es

 

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario