Enric Satué e Alberto Corazón o 19 de Maio · Santiago

Conversarán sobre o oficio de deseñador en Compostela, nun diálogo aberto á participación.

 

O deseño será o protagonista na xornada organizada pola DAG, Asociación Galega de Deseñadores, para o vindeiro luns 19 de maio na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

A conversa de deseño enmárcase dentro do ciclo das #charlasnaDAG, unha iniciativa que botou a andar a finais de 2011 e coa que a DAG pretende fomentar a través do formato da charla o intercambio de experiencias e coñecementos entre os profesionais do deseño.

Nesta ocasión, os deseñadores convidados serán Enric Satué e Alberto Corazón, figuras clave na historia do deseño no Estado; ámbolos dous galardoados co Premio Nacional de deseño en 1988 e 1989 respectivamente. De moderador e condutor do coloquio actuará o deseñador galego Pepe Barro.

Na liña das #charlasnaDAG, a xornada xirará ao redor da profesión do deseño e pretende servir de punto de encontro para que profesionais e futuros deseñadores debatan sobre as múltiples cuestións que preocupan á profesión: a procura de traballo, os concursos, as estratexias, a relación co cliente, etc.

A conversa, que conta coa colaboración da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e mais da Fundación Cidade da Cultura, desenvolverase ao longo de todo o día e de acordo cun formato aberto que favorecerá o diálogo entre convidados e o público asistente.

A inscrición na xornada é gratuíta para os socios da DAG. Para o resto do público terá un custo de 15 euros. A capacidade da sala é limitada e as prazas reservaranse por orde de inscrición, a data límite para confirmala é o mércores 7 de maio. Todas aquelas persoas interesadas en asistir, só teñen que enviar un correo a info@asociaciondag.org e seguir as indicacións que se lles faciliten.

download

 

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente.Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario