Terbutalina + Thee Blind Crows en A Coruña 10/05/2014

Terbutalina + Thee Blind Crows
Dónde? Sala Mardi Gras [A Coruña]
Cuándo? Sábado 10 de Mayo  a las 22:00
Cuánto? Anticipada 5€ [+ gastos]: Discos Noni’s, Discos Portobello, www.salamardigras.com. Billeteira 8€

 TERBUTALINA_MARDIGRAS

 

TERBUTALINA

Terbutalina faiche bailar como se te duchases todas as mañás en Jagermeister combinado con augardente. Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados. Festa, baile e diversión a ritmo de tupa-tutupá.

O quinteto menos serio do panorama musical chega á Coruña no medio da xira de presentación do seu disco “A MUERTE”, que, como todos os seus traballos, non se edita en formato físico e só se pode adquirir gratuitamente na rede. Terbutalina non vende a súa música; Terbutalina vende a súa suor!

O 10 de maio, vén á Mardi Gras para ser parte da maior festa que viviu A Coruña desde que María Pita perdeu a inocencia.

www.terbutalina.net
terbutalina.bandcamp.com

·············

THEE BLIND CROWS

Thee Blind Crows nace do cruce de camiños entre o blues e o punk. Un son frenético que te fará vibrar ata a extenuación. Influenciados por mil bandas que van desde Inmortal Lee County Killers, R.L. Burnside, The Sonics aos primeiros White Stripes, este enérxico dúo de melómanos pontevedrés acadou un son único e persoal, que te trasladará desde o Mississippi a Detroit a través dos sons máis primitivos e pantanosos. Un explosivo que ao detonar expande toda a súa metralla composta de blues, garage, country e punk alcanzando calquera forma de vida, rompendo pescozos e provocando convulsións.

theeblindcrows.bandcamp.com

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente.Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario