David Rodríguez En Portada

web1

Despois de colaborar como articulista en CROA01 e CROA04, David Rodríguez preséntanos outra das súas paixóns: o deseño e a ilustración.

David Rodríguez (Vigo, 1975) non perdeu o tempo; actualmente traballa como deseñador freelance tras cursar os estudos superiores de Gráfica Publicitaria. Pero iso non é todo.

portada29
A súa multidisciplinariedade é tal que tamén realiza informes literarios, traducións, correccións de textos e creación de contidos. Cabe destacar que en papel publicou poesía: “Lapidarias. Os versos escuros” (Edicións Xerais de Galicia); ensaio: “Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crac financeiro” (Estaleiro Editora) e teatro radiofónico: “O Bambán” (Edicións Xerais), obra premiada co premio do xurado e da audiencia do programa Diario Cultural da Radio Galega.

Por se fose pouca a súa actividade como deseñador en Mamut Gráfica, colaboradora con regularidade en distintos medios de comunicación como Luzes, Praza Pública, Tempos Novos, etc.

Actualmente David Rodríguez expón unha serie de láminas sobre arquitectura e paisaxes vigueses no restaurante Gálgala (rúa Pracer 4, Vigo).

Deja un comentario