Cursos monográficos 1º trimestre 2015 en AulaD

Vos deixamos a continuación a programación de cursos monográficos que poderedes atopar na escola de deseño viguesa AulaD (rúa Ourense 4, baixo – VIGO (xunto á Casa da Xuventude)).

 

CURSO DESEÑO WEB. Nivel II

qué é?

O CURSO DE DESEÑO WEB nivel II é un completo curso de perfeccionamento no que o alumnado aprenderá a deseñar páxinas web profesionais utilizando sinxelas ferramentas gratuitas de administración de contidos. Tamén se impartirán materias complementarias que permitirán adaptar o deseño para a súa visualización en diferentes dispositivos como tablets ou smartphones.

a quen vai dirixido?

O curso vai dirixido a calquera persoa que teña interese polo deseño de páxinas web e que desexe obter coñecementos fundamentais para o desenvolvemento de proxectos persoais ou iniciarse de cara a unha futura labor profesional.

teño que ter coñecementos previos?

Para a realización deste curso cómpre ter algúns coñecementos básicos de HTML e CSS

canto tempo dura?

O curso ten unha duración total de 45 horas lectivas, distribuidas en 6 horas semanais durante 7 semanas e media. As clases comezarán o día 21 de xaneiro e rematarán o 18 de marzo impartíndose dous días á semana (os luns e os mércores) en horario de 18:00 a 21:00.

cal é a metodoloxía do curso?

Exponse a través de dous eixos: clases teóricas e exercicios prácticos. O resultado verase reflectido en varios proxectos sobre os que cada alumno traballará durante o curso.

que vou aprender?

Ademais de obter coñecementos teóricos, o alumnado aprenderá a afrontar o desenvolvemento dun proxecto de deseño web tendo en conta non só as diferentes cuestións técnicas senón tamén aquelas referidas á estética e a interacción dos usuarios. Ao finalizar o curso o alumnado disporá dos recursos necesarios para construir e xestionar unha páxina web.

hai exames?

Non. Impartiranse contidos teóricos que se verán reflectidos nos exercicios prácticos e workshops que se desenvolverán na aula ao longo do curso.

a asistencia é obrigatoria?

O curso é presencial, polo que para a obtención do título establécese unha porcentaxe mímima de asistencia do 80%.

que materias se imparten?

Durante o curso impartiranse cinco materias, mais un proxecto persoal, permitindo abordar os diferentes contidos programados, e que son as seguintes:

  • MÓDULO 1: Deseño de páxinas web adaptables a calquera dispositivo (responsive design)
    • Adaptatividade e responsividade
    • Media queries
    • Grids
    • Introdución a Entornos Responsivos:(FOUNDATION, BOOTSTRAP, UIKIT)
    • Implementación de UIKIT
    • Maquetación con UIKIT
    • Compoñentes de UIKIT
    • Integración do noso deseño sobre UIKIT
  • MÓDULO 2: Creación de páxinas web con WordPress
    • Planificación dun sitio web
    • Dominios e hosting
    • Instalación de WordPress
    • Configuración básica
    • Estilo visual (Themes)
    • Instalación de plugins
    • Creación de contidos
    • Backups e seguridade
    • Posicionamiento en buscadores (SEO)
  • MÓDULO 3: Linguaxe PHP
    • Estrutura dun arquivo: páxinas estáticas/dinámicas; Php e html; comentarios;
    • Variables: variables e constantes; declaración e asignación; tipos de variables; tipos de operadores.
    • Construccións: estrutura condicional (if, switch); estruturas repetitivas (for – while – do/while).
    • Formularios: envío e recepción de datos; métodos POST y GET; seguridade (Mysql Injection).
    • Funcións
    • Ler e escribir arquivos de texto:
    • PHP e bases de datos
    • MySql
    • Seleccionar e mostrar datos
    • Insertar, borrar e actualizar datos
  • MÓDULO 4: Xestión de Bases de Datos
    • Conceptos de bases de datos relacionales
    • Deseñar unha base de datos
    • Rendimento. Optimización de bases de datos.
    • MySql
    • PhpMyAdmin
    • Seleccionar e mostrar datos
    • Insertar datos
    • Borrar datos
    • Actualizar datos
    • Agrupación e ordenación
    • Consultas entre varias taboas: sentencias JOIN, LEFT JOIN, RIGHT JOIN, INNER JOIN
  • MÓDULO 5: Creación de páxinas web con Joomla
    • Descarga e instalación Joomla.
    • Características xerais: Core, Front, BackEnd, compoñentes, vistas, plantillas (templates).
    • O panel de administración.
    • Deseño, layout, estilos, cores.
    • Plantillas: a plantilla por defecto; instalación de plantillas.
    • Creación de contidos básicos: artigo; menú; módulos; usuarios; permisos.
    • Xestión de artigos
    • Categorías.
    • Compoñentes.
    • Módulos.
    • Plugins: Editor TinyMC; Protección Email Emailcloaking.
    • Extensións
    • Tarefas esenciais de administración: clonación e backup.

Nos módulos 1, 2 e 5 desenvolverase un proxecto de deseño web propio.

quen impartirá as clases?

O profesorado estará formado por profesionáis con longa experiencia, tanto en docencia como no ámbito profesional: Alberto Ariza , Diego Fernández e Bruno Rodríguez.

que materiais necesito?

O alumnado deberá asistir ao curso co seu propio ordenador portátil e un pen drive.

emítese un título ao rematar?

Sí, unha vez rematado o curso o alumnado recibirá un diploma acreditativo emitido pola escola certificando a súa asistencia ao mesmo.

canto custa o curso?

O prezo xeral do curso é de 280€. Non hai outros custos adicionais, nin por matrícula, nin por título, nin de calquera outro tipo.
Existe a posibilidade de realizar o pago fraccionado en tres mensualidades.

Prezo xeral: 280€
Alumnos de Aula D e desempregados: 140€ (desconto do 50%)
Exalumnos: 210€ (desconto do 25%)

cantas prazas ten o curso?

O número de prazas está limitado a 15. A reserva de praza faise efectiva no día e hora de aboamento da matrícula ou fracción da mesma (ver o seguinte apartado).

como me matriculo?

A matriculación realízase efectuando o pago do importe total do curso ou da primeira mensualidade, ben en efectivo na propia escola (rúa Ourense 4, Vigo), ou ben a través de ingreso ou transferencia bancaria na conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857, antes do día 16 de xaneiro. Lembra incluir o concepto “CURSO WEB” e o teu nº de DNI no concepto da transferencia.

Xa que o número de prazas é limitado as solicitudes atenderanse estrictamente por orde de chegada. A inscrición no curso farase efectiva na data de pagamento da matrícula e enviando unha mensaxe ao enderezo cursos@aulad.com cos seguintes datos: nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto, comprobante de pagamento e, no caso de optar a desconto, a tarxeta de solicitante de emprego.

Se por algún motivo o curso non chegara a impartirse os aboamentos por matrícula serán devoltos na súa totalidade aos participantes.

_________________________________________

 

CURSO REFORMA INTERIOR DE VIVENDAS

A vivenda é unha das cuestións máis complexas que abordamos dende o deseño de interiores, dada a cantidade de actividades diferentes ás que debe dar resposta para satisfacer as necesidades dos seus usuarios, polo que asumimos que ”a vivenda é unha máquina de habitar”. Non obstante, a vivenda custodia os nosos recordos, vivencias, memorias, … reflexa a nosa persoalidade, e dicimos “como na casa de seu non se está en ningures”.
As transformacións tecnolóxicas, estéticas e sociais acontecidas nos últimos anos, precisan da adaptación das nosas vivendas. Pequenos cambios, que non implican un grande desembolso económico poden permitir esta actualización.
Como novidade e complemento, este curso está pensado para que os asistentes queden capacitados para realizar bosquexos en 3D que lles axuden a idear e amosar os espazos e obxectos deseñados.

Contidos

  • Actividades propias da vivenda
  • Os espazos e as circilacións
  • O mobiliario
  • Tabiquerías, mamparas e portas
  • Illamento térmico e acústico. Ventás
  • Electricidade e fontanería
  • Pinturas e acabados
  • Modelado dixital en 3D

PRÁCTICA: Realización dun proxecto de reforma

Metodoloxía

O obxectivo xeral do curso é proporcionar ao alumnado os coñecementos tanto teóricos como prácticos para abordar a reforma dunha vivenda. A dinámica do curso basearase fundamentalmente no desenvolvemento dos temas partindo da análise teórica e a realización de prácticas de modelado e dun proxecto de vivenda coa axuda do programa gratuito GOOGLE SKETCHUP de modelado dixital en 3D.

Perfil do alumnado

O curso está dirixido a persoas que desexan iniciarse no deseño de interiores, ou que pensan reformar a súa vivenda. Deberán traer portátil propio para realizar as prácticas de modelado en 3D.

Profesorado

  • Manuel Barreiro Chao – Deseñador de Interiores.
  • Xesús Carrazoni Fuertes – Arquitecto.
  • Xerardo Pérez Medrano – Arquitecto.
  • Pedro Román Company – Deseñador de Interiores.
  • Iria Sobrino Fagilde – Arquitecta.

Todos eles desenvolven o seu labor profesional como deseñadores e profesores en Aula D, escola de deseño.

Horario

Do 20 de xaneiro ao 26 de febreiro.
Martes e xoves de 18:00h a 21:00h

(Un total de 30 horas lectivas)

Matrícula

Xeral : 160 euros
Desempregados, menores de 18 anos e alumnos de Aula D : 80 euros
Exalumnado de Aula D : 120 euros

A abonar antes do venres 16 de xaneiro, completo ou fraccionado en dous pagos, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo, Vigo) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857).  Lembra incluir o concepto “CURSO VIVENDA” e o teu nº de DNI no concepto da transferencia.

_________________________________________

 

CURSO ILUSTRACIÓN DIXITAL

Como en moitos outros ámbitos, a tecnoloxía dixital supón un proceso de reconceptualización nos procesos produtivos. Independentemente de que se usen ténicas de ilustración máis tradicionais -analóxicas-, o ilustrador de hoxe en día debe coñecer e dominar os medios dixitais para conseguir que o seu traballo se reproduza axeitadamente.

Esta faceta dixital facilita ao ilustrador un novo conxunto de ferramentas que permítenlle ampliar os seus recursos expresivos e polo tanto, potenciar e expandir tamén as súas capacidades comunicativas e de discurso.

Partindo dun coñecemento básico da teoría da cor e o manexo de Photoshop, o obxectivo do curso é amosar ao alumnado as diversas técnicas profesionais de coloreado dixital a partires de exemplos de cómic e ilustración, asemade os procesos técnicos destinados a unha correcta dixitalización de orixinais.

O software Photoshop non so é o estándar en retoque fotográfico, senón unha potente ferramenta cada vez máis usada por ilustradores, tanto para retocar ilustracións dende técnicas tradicionais como para a creación directa de imaxes; tratarase a utilización desta ferramenta en conxunto con outros programas de creación dixital así como o seu uso mixto en combinación coas técnicas tradicionais de coloreado.

Así, este curso introdutorio ás técnicas dixitais de ilustración pretende incidir nos diferentes modos nos que podemos empregar a tecnoloxía dixital para desenvolver un proxecto de ilustración.

Contidos

  • Reconceptualización de photoshop para o profesional da ilustración.
  • Preparación dos orixinais. Pasos previos á dixitalización
  • Características da imaxe dixital.
  • Escaneado e optimización dos arquivos
  • A cor no entorno dixital
  • Coloreado de Line-art
  • Collage dixital
  • Edición non destrutiva por capas
  • Máscaras e capas aniñadas
  • Automatizacións
  • Saida das ilustracións para impresión e pantalla. Formatos de gardado.

Práctica: desenvolvemento dunha ilustración

Metodoloxía

O obxectivo xeral do curso é proporcionar ao alumnado os coñecementos teórico-prácticos para a resolución dun proxecto profesional de ilustración dixital, integrando os procesos dixitais coa súa propia metodoloxía.

A dinámica do curso basearase fundamentalmente no desenvolvemento dos temas partindo da análise teórica e adquisición de criterios para resolver casos prácticos.

Perfil do alumnado

O curso vai dirixido tanto a persoas que desexen introducirse no eido da ilustración e o cómic como para quen, contando con algunha experiencia baseada en técnicas tradicionais, estean interesadas en explorar as posibilidades do medio dixital. Para aproveitar eficientemente esta formación cómpre ter algunha noción básica no uso de Photoshop e dispor de ordeador portátil.

Profesorado

Alberto García Ariza, ilustrador profesional e profesor en Aula D.

Horario

Sábado 28 de febreiro e sábado 7 de marzo, de 10:00 a 14:00.
(Un total de 8 horas lectivas)

Matrícula

Xeral : 60 euros
Desempregados, menores de 18 anos e alumnos de Aula D : 30 euros
Exalumnado de Aula D : 45 euros

A abonar antes do venres 24 de febreiro; en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo, Vigo) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857). Lembra incluir o concepto “CURSO ILUSTRACIÓN” e o teu nº de DNI no concepto da transferencia.

_________________________________________

 

Se tes interese ou algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podes contactar con eles en cursos@aulad.com ou no 986214076.

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario