Avance exposicións 2016 MARCO Vigo

Planta baixa – 5 febreiro – 29 maio 2016

je, je… luna

MARÍA LUISA FERNÁNDEZ

Obras entre 1979-1997

Comisaria: Beatriz Herráez

Un proxecto de Azkuna Zentroa

image014

Esta exposición formula un percorrido polo traballo de María Luisa Fernández (Villarejo de Órbigo, León, 1955) no que se relacionan distintos grupos de esculturas, debuxos e instalacións que, ata a data, non se mostraran de xeito retrospectivo. As obras, producidas entre 1979 e 1997, forman parte de distintos ensaios e achegamentos á figura dun Artista ideal que está presente na produción da escultora ata a súa última mostra individual en 1997.

Je, je… luna inclúe pezas que pertencen ao período da súa participación en CVA (Comité de Vigilancia Artística) — colectivo concibido como “empresa artística” posto en marcha xunto a Juan Luis Moraza entre 1979 e 1985— e importantes series de traballos como Máculas (1984-1985), Leyendas (1985-1986), Melenas (1988), Esculturas rojas (1989), 14 veces grande de España (1989-1990), Burladeros (1990) ou Corridas (1996-1997). Preséntanse tamén Burlas expresionistas (1993) e Artistas ideales (1990-1997), dúas instalacións que reúnen as principais liñas de investigación desenvolvidas pola escultora ao longo da súa traxectoria.


 

Anexo – 5 febreiro – 17 abril 2016

JUNE CRESPO

Kanala

Ciclo INTERTEXTUAL

Comisario: Ángel Calvo Ulloa

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Coa colaboración de: Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño

image016

Kanala, a proposta de June Crespo para o Anexo do MARCO, é a última exposición do ciclo Intertextual, comisariado por Ángel Calvo e inaugurado hai un ano para este nova sala de proxectos no vestíbulo principal, no que ao longo de 2015 participaron os artistas Carlos Maciá, Mauro Cerqueira, Juan López, e Fernando García.

Intertextual parte dunha selección de artistas pertencentes a unha mesma xeración, voceiros da realidade artística nacional e internacional dos últimos anos, que atopan nesa conexión de influencias un campo de traballo ideal. A proposta nace da necesidade de configurar lugares para proxectos que ofrezan aos artistas a oportunidade de producir obras específicas, a partir da recreación e consolidación dun espazo que ofrece un lugar privilexiado, tanto polas súas dimensións e características coma polo tránsito continuo de visitantes, para a visibilidade dos proxectos.


 

Primeiro andar – 19 febreiro – 15 maio 2016

GRACE SCHWINDT

Run a Home, Build a Town, Lead a Revolution. An Exhibition in Three Acts

Comisarias: Agar Ledo e Gillian Park

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Coa colaboración de: Goethe-Institut

Co apoio de: Pavillion, Leeds / Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño / Pavestone Projects / Facultade de Belas Artes, Universidade de Vigo

Grace Schwindt. Mermaid Doing Gymnastics, 2015. Lapis, acrílico sobre papel. 29,7 x 42 cm. Foto: Peter Cox. Cortesía Zeno X Gallery, Amberes

image017

Run a Home, Build a Town, Lead a Revolution. An Exhibition in Three Acts [Levar unha casa, construír unha cidade, liderar unha revolución. Unha exposición en tres actos] reúne un conxunto de pezas nas que se resumen algunhas das investigacións que a artista veu facendo sobre a maxia, a relixión ou o capitalismo como formas de organización social. De novo, saca á luz os fíos ocultos da dominación. Parte do impacto que a industria petroleira tivo na modificación do noso ámbito e formula unha reflexión sobre a fraxilidade do corpo e o perigo que oculta o traballo nas sociedades capitalistas, nas que a fortaleza física e a boa saúde son indispensables para a produción de beneficios. A artista reitera o seu interese en desmontar os sistemas establecidos, tanto os que forman parte da organización social, como os sistemas de crenzas ou os sistemas políticos. E con iso pretende mostrar que nada do que conforma estes sistemas é neutral, senón que responde a certos esquemas debuxados dende as estruturas de poder. Unha exposición, como sistema institucionalizado, tampouco é neutral. Formúlase como unha coreografía na que a relación entre os obxectos (entendendo o visitante como tal) —posuidores da experiencia, tamén das experiencias históricas de dominación— xera nas súas activacións múltiples subjetividades.

*A exposición complétase cun ciclo retrospectivo de filmes que se poderá ver na Biblioteca-Centro de documentación do MARCO.

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente.Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario