Aula D convoca a súa 2ª Bolsa de Estudos en Deseño.

Aula D, Escola de Deseño convoca a súa 2ª Bolsa de Estudos en Deseño.

Concederase unha bolsa de estudos consistente na realización sen custo do primeiro ano dun dos ciclos oficiais impartidos no centro: Comunicación Gráfica e Audiovisual (Técnico Superior en Gráfica Publicitaria) e Deseño de Interiores (Técnico Superior en Proxectos e Dirección de Obras de Decoración), valorado en máis de 3.500 €.

A bolsa non se trocará nin se reembolsará en efectivo. O gañador, se así o desexara, poderá trocar a bolsa de estudos por unha invitación de asistencia gratuíta aos cursos monográficos que se impartirán ao longo do vindeiro curso académico no centro.

cabecera-web

Participantes:

Poderán participar todas aquelas persoas, de calquera procedencia con alomenos 17 anos cumpridos.

Debido aos prazos establecidos pola Xunta de Galicia (que no momento da redacción destas bases aínda non están publicados) e aos requisitos necesarios para acceder a estes estudos, recoméndase a todos os participantes que se poñan en contacto coa escola antes do 15 de xuño no teléfono 986 214 076 onde vos informarán dos pasos a seguir para que, no caso de resultar gañador, non haxa impedimentos administrativos no momento de formalizar a matrícula oficial. A escola, en todo caso, informará aos participantes dos pasos necesarios para garantir o acceso a estes estudos.

Tema:

Xerar unha imaxe que, no seu concepto ou na súa formalización, estea relacionada co ámbito da comunicación gráfica ou do deseño de interiores; que sexa sorprendente, creativa, diferente e onde a cor laranxa teña un protagonismo especial e positivo.

Presentación das propostas:

Cada participante poderá enviar como máximo unha proposta. O material será presentado a través do formulario habilitado na páxina web da escola.

Axuntarase o arquivo da imaxe presentada ao concurso en formato .jpg, que non pese máis de 2MB.
Acompañarase unha breve descrición da idea, proceso de creación ou calquera texto que axude a explicar a imaxe.

Calendario:

Envío da propostas: como máximo ata o 15 de xuño ás 23:59 h. Non se aceptarán propostas enviadas fora do prazo.

Votacións en Facebook: as propostas participantes serán subidas por orde de chegada a unha galería na páxina de Facebook da escola para que poidan ser votadas polos usuarios; as votacións do público pecharanse o 21 de xuño ás 23:59 h. polo que os votos emitidos despois desa data non serán contabilizados.

Fallo do xurado: 23 de xuño, día no que se farán públicos gañador e finalistas.

Xurado:

O xurado estará composto por membros do equipo directivo e docente da escola, así como de profesionais con formación específica en deseño.

Selección dos finalistas:

Os membros do xurado poderán seleccionar tres imaxes finalistas; adicionalmente a proposta que reciba máis “me gusta” durante o período de votación pública en Facebook pasará á final conxuntamente coas elixidas polo tribunal.

Premios:

O xurado, de entre un máximo de catro finalistas, outorgará un único primeiro premio, consistente na bolsa de estudos.

Adicionalmente cada un dos finalistas non premiados recibirá un vale de acceso para un dos cursos de titulación propia que se impartirán na escola no vindeiro curso (Curso de Introdución ao Deseño ou Curso de Ilustración e Banda Deseñada)

A escola, en agradecemento pola vosa participación, convidaravos igualmente a tódolos participantes no concurso á Xornada Deseño e Creatividade, que se levará a cabo o día 30 de xuño nas instalacións do noso centro, Aula D.

Toda a información en aulad.com

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario