XIV Certame literario de “Relato de Aventuras” Antón Avilés de Taramancos

Plazo Final de Admisión: 11/04/2015

BASES

1] Poderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras.

2] A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen firma e cun lema e utilizando o sistema de plica.

3] O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 11 de abril de 2015.

4] Os traballos serán remitidos ao enderezo: Concello de Noia. Rúa Rosalía de Castro, 2 – 15200 Noia (A Coruña)

5] Estabelécese un único premio de 3.000 euros, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra gañadora por parte do Excmo. Concello de Noia. O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.

O premio está consignado na partida 334.48003, atopándose retido o crédito necesario.

A entrega do premio realizarase mediante transferencia bancaria ao gañador/-a, que deberá achegar ao Concello de Noia a certificación emitida polo banco correspondente á súa conta. Unha vez presentada a certificación, o Concello disporá de cinco días hábiles para a realización efectiva do pagamento.

6] O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, para interpretar as bases e a súa decisión será discrecional e baseada en criterios de valoración literarios e lingüísticos.

O xurado estará composto por:
– Presidente: Alcalde do Concello de Noia, ou persoa na que delegue.
– Secretario/-a: un traballador municipal, sen voto.
– Catro vogais nomeados/-as entre persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas entre os que deberá constar un membro da revista de creación literaria e cultural “Casa da Gramática” do IES Virxe do Mar de Noia.

O xurado emitirá publicamente o seu veredicto o día 16 de maio de 2015.

7] Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes serán destruídos transcorridos vinte días desde a data do veredicto do Certame. Non poderán participar neste certame os autores premiados en edicións anteriores.

8] O feito de concorrer ao Certame implica a aceptación destas bases.



Podes descargar as bases facendo click aquí

Máis información: www.noia.es

 

Vía: 1arte.com

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente.Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario