X FESTIVAL DE CANS // 22-25 Maio 2013

Este més temos unha das citas máis importantes do audiovisual galego e en galicia.

O mércores 22 dará comezo o Festival de cans cun programa máis completo que nunca, baixo o slogan de “10 anos de agoglamour”.

562602_10151504534629454_661679330_n

 

” O Festival de Cans é unha cita alternativa e divertida coas mellores curtametraxes galegas. Ao mesmo tempo, é algo máis que un festival de curtas: aquí hai estreas de documentais e longametraxes, un concurso de videoclips, coloquios con cineastas e presentacións audiovisuais, pero tamén hai concertos, pasarrúas, desfiles de chimpíns, sendeirismo e todo tipo de actividades que se espallan por toda a parroquia de Cans, no concello do Porriño. Durante uns días, Cans convértese no epicentro do terremoto cinematográfico mundial, con ou sen permiso do seu medio irmán francés, o Festival de Cannes, co que sempre coincide en datas. Fronte á sofisticación e o glamour da Costa Azul, o noso festival ofrece altas doses de naturalidade, diversión e agroglamour.

O Festival de Cans toma por completo a aldea: o torreiro da festa, xunto á igrexa parroquial, é o punto de encontro onde teñen lugar os concertos e a entrega de premios. Espalladas por Cans atópanse as salas nas que se proxectan as curtas: alpendres, baixos e bodegas propiedade dos veciños que cambian por un día os seus usos habituais para converterse en salas de cine. O Cuberto de Chelo, a Casa do Pato, o Cuberto de Antonio, o Baixo do Moncho, a Casa de Bugarín, a Casa do Carrera, a Casa de Mari e o Baixo de Afonso proxectan simultaneamente a mellor ficción e animación galega, mentres o Jalpón Fri acolle a colleita máis friki e outras herbas, e a Sala Multiusos propostas acompañadas de actuacións e presentacións musicais en directo no Jaliñeiro Unplugged.

O festival organízao a Asociación Cultural Arela baixo a dirección de Alfonso Pato. Ademais dos diferentes patrocinadores e colaboradores, a complicidade dos veciños e veciñas resulta imprescindible. Non só achegan ilusión e unha man para o que faga falta, senón que ceden as “salas” de proxeccións e poñen a disposición do público os seus chimpibuses, as peculiares limusinas do festival.”

MÉRCORES 22 DE MAIO

Baixo de Moncho (Cans):

10.00h. Cans do Futuro. Visitas guiadas para colexios, con proxeccións e coloquios con directores e actores
16.30h. Proxección de Fraga e Fidel, sen embargo, de Manuel Fernández-Valdés
19:00h. Proxección de Ciudadano Cans, documental sobre a primeira edición do festival. Coloquio co director do festival e persoas que participaron no nacemento do mesmo.

Rotonda da Adroza (Cans):

21.00h. Apertura da décima edición no Can de Pedra

Baixo de Moncho (Cans):

21.30h. Día dos veciños
Presentación de CanZine
Presentación do xurado dos veciños
Proxección de “10 anos do festival de Cans”
Avance do making of de Cans 2012
Serán dos músicos de Cans: Os Chavellos, As Pandereteiras de Cans e Os Lajaretas

XOVES 23 DE MAIO

Baixo de Moncho (Cans):

10.00h. Cans do Futuro. Visitas guiadas para colexios, con proxeccións e coloquios con directores e actores

Círculo Recreativo e Cultural (O Porriño):

17:00h. Proxección-coloquio: O Apóstolo, con Fernando Cortizo (director), Isabel Rey (produtora executiva) e Isabel Blanco (actriz)
19.30h. Desfile de chimpíns desde o Parque Infantil ata o CRC cos equipos técnico e artístico de Somos gente honrada. Amenizado por Os Lajaretas
20.00h. Estrea de Somos gente honrada

Pub O Sótano (O Porriño):

22:30h. Inauguración da Can Parade coa actuación de Missin’Blues. Na calexa detrás do Sótano
23.15h. Noite V Clips, presentada por Juan Fuentes.
0.30h. Sesión con Dj Charly Domínguez (Los Suaves)

VENRES 24 DE MAIO

10.00h. Cans do futuro. Visitas guiadas para colexios, con proxeccións e coloquios con directores e actores. No Baixo de Moncho
12.00h. A que andas?: Andrés Rosende (Sink Hole), Alberto Vázquez (Psiconautas), Enrique Otero (Ningún Dios aquí arriba) e Jorge Coira (La luna en setiembre) avanzan detalles dos seus proxectos actuais. No Cuberto de Bugarín
16:00h. Canastro Experience: Ruido Baixinho: “Dez Cans Dead”. No hórreo da Casa de Bugarín
16.30h. Fill@s de Cans: Funes de Enrique Otero; Os Fenómenos de Alfonso Zarauza; Alén do Cosmos, de Rubén Pardiñas e Pedro Pablo Alonso; Your lost memories, de Alejandro Marzoa. No Baixo de Moncho
17.00h. Canastro Experience: Ruido Baixinho: “Dez Cans Dead”. No hórreo da Casa de Bugarín
18.00h. Estrea do documental Toñito Blanco: só, perdido e vicioso. Coa presenza de Juanillo Esteban e Julián Hernández, protagonistas do documental, e mais o produtor, Xosé Zapata. No Baixo de Moncho
18.30h. Canastro Experience:  Ruido Baixinho: “Dez Cans Dead”. No hórreo da Casa de Bugarín
19.30h. Primeiro test: preestrea de Encallados, de Alfonso Zarauza. No Baixo de Moncho
21.30h. Procesión de chimpíns coa treboada Os da Fonte do Frade
21.45h. Inauguración da exposición de Luis Davila, O Bicheiro, con viñetas sobre Cans. No Cans Voulevar

Torreiro de Cans:

22.00h. NOITE DE ANIVERSARIO
Presentada por Keka Losada e Federico Pérez
Presentación dos xurados do festival
Estrea dos traballos de Can Campus: videoclips de Terbutalina e Os Vacalouras
Proxección e premios dos videoclips gañadores da noite V Clips
Presentación de Cans Proxecta
Entrega do premio á mellor obra da Can Parade
Proxección de  Cans 2012: 10 – 1 = Cans. Making of resumo da novena edición do Festival de Cans
Proxección de “10 anos do festival de Cans”
Can Parade: presentación da figura gañadora
Entrega de premios do concurso de videoclips
Entrega dos Chimpíns de Prata á serie “Era visto!” e os veciños/as pioneiros/as.
Entrega do Premio de Honra Pedigree’2013 a Manuel Manquiña e colocación da súa estrela no Torreiro das Estrelas

23.30h. Concerto Jorge Ilegal y Los Magníficos
2.00h. Sesión DiscoChimpín con Javi Arizona Dj

Bar A Escola Vella (Cans):

3.30h. Cé Orquestra Pantasma

SÁBADO 25 DE MAIO

Cans (torreiro, salas, leiras e camiños):

9.00h. Ruta a pé: “Subida ao Castelo”. Saída desde a igrexa de Cans
10.00h. Pase matinal das curtas a concurso (bloques 1 e 2). Na Casa de Bugarín
10.00h. Festival de Douarnenez (Bretaña): selección de curtametraxes. No Jalpón Fri
10:00h. Webseries galegas. Na Sala Multiusos
11:00h. Proxección de POPArtesanal. Na Sala Multiusos
11.00h. Selección de traballos audiovisuais de Juanma Bajo Ulloa presentados polo director. No Jalpón Fri
12.00h. Coloquio na leira con Juanma Bajo Ulloa. Na leira de Alicia
13.15h. Juanma Bajo Ulloa coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas
13.30h. Sesión vermú coa Banda de Música Unión de Guláns
13:30h. Documental  “Toñito Blanco, só perdido e vicioso”. No Jalpón Fri
13:30h. Pase matinal das curtas a concurso (bloques 3 e 4). Casa de Bugarín
13:30h. Proxección de Migrations. Na Sala Multiusos
14:00h. Homenaxe a Rogelio Groba. No Torreiro de Cans

15.30h. Procesión de chimpibuses, amenizada por Os Veraneantes
16.00h. Miradas de Cans: Kiko da Silva + toma o relevo Pepe Solla. Na Sala Multiusos
16.00h. Xavier Villaverde coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas
16.30h. Inicio do das proxeccións da sección oficial
16.30h. Proxección de POPArtesanal. Na Sala Multiusos
16.30h. Festival de Douarnenez (Bretaña): selección de curtametraxes. No Jalpón Fri
16.30h. Actuación de Grampoder. No Cans Voulevar
17.30h. Actuación de Fon Román. No Jaliñeiro Unplugged
18.00h. Webseries galegas. Na Sala Multiusos
18.00h. Selección “Cans visibles”: curtas LGTB made in Galicia. No Jalpón Fri
18.30h. Actuación de Óscar Avendaño. No Cans Voulevar
19.00h. Actuación de Lobishome. No Jaliñeiro Unplugged
19.30h. Concerto de Tony Lomba & Elio dos Santos. No Torreiro de Cans
20.30h. Reinicio das proxeccións da sección oficial
20.30h. A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos. Coloquio con membros do filme. No Jalpón Fri
21.00h. Proxección de Migrations. Na Sala Multiusos
21:30h. Actuación de Cristina Pato. No Jaliñeiro Unplugged
22.00h. Actuación de Radio Cos. No Cans Voulevar
22.00h. El quid: estrea dos catro primeiros capítulos. Na Sala Multiusos
23.00h. Entrega de premios
0.00h. Concerto de El Gran Wyoming y los Insolventes + invitados
1.30h. Disco chimpín. Dj Silvia Superstar

Bar A Escola Vella (Cans):

3.30h. Sesión DiscoChimpín con Dj Constan Chao

MÉRCORES 29 DE MAIO

Bar Liceum (O Porriño):

22.00h. Proxección das curtas gañadoras

 

TODA A INFORMACIÓN AQUÍ

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente.Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario