Disciplina: Música.
Transilvanians formanse no ano 2004 na cidade de Vigo. A banda está composta por músicos experimentados de outras bandas da escea viguesa de estilos moi díspares como; Os Resentidos, Skacha, Siniestro Total.. etc, e o que os leva a xuntarse e a paixón que sinten por estilos de música negra coma o Soul, Funk, R&B e moi especialmente polo Ska, Rocksteady e o Early Reggae Jamaicanos.
Isto unido á súa paixón polo xénero de terror, a serie B e a ciencia-ficción conforman unha proposta cando menos orixinal. Xunto ás composicións propias temas de The Skatalites, The Blues Busters, The Kingstonians, Georgie Fame…, conforman o repertorio habitual dos seus concertos.
No ano 2006, entraron nos estudios Muu! de Vigo a gravar de forma totalmente analóxica (como antano) cinco cancións que sairon editadas no nadal de ese mesmo ano en formato CD e EP polo selo El Ejecutor Records. Despois de participar nun disco tributo a Potato e da súa exitosa xira 2008/2009, no 2010 entran a gravar diversos temas no Studio Juan, editando dous traballos; un sinxelo en vinilo 7″ editado polo selo madrileño Liquidator Music chamado «The Vault Of..», e o primeiro traballo longo «Vampire Lover», editado polo seu propio selo ZombieJ.
Este 2012 tras varios cambios de formación agardan a saída de un novo single 7″ acompañando a Roy Ellis aka Mr. Symarip, artísta ao que apoian de maneira habitual en directo, gravar o segundo longa duración e percorrer toda a xeografía presentando o novo show.
Transilvanians son:
Xabier Vieitez – Piano & Hammond.
J. F. Soto – Guitarra & voces.
Javier Marcos – Voz & percusión.
Pabolo «Rocksteady» Muñíz – Baixo.
Toñete Rodríguez – Trombón & voces.
Tornado Alonso – Saxo tenor.
Javier Vicente – Guitarra.
Kino «Little Cobra» – Batería & voces.