MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Do daguerrotipo ao pixel
Durante o mes de xaneiro exporase na biblioteca unha mostra bibliográfica relacionada co mundo da fotografía: os seus autores, as súas técnicas e a súa evolución poderanse observar nesta mostra. Con esta escolma bibliográfica e audiovisual a biblioteca quere homenaxear aos grandes fotógrafos: Cartier-Bresson, Catalá Roca, Chema Madoz, Cristina García Rodero, Cappa, Man Ray, García-Alix, Helmut Newton, Korda, Virgilio Viéitez, Vari Caramés, Xurxo Lobato…
Do 2 de xaneiro ao 1 de febreiro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.
**********************
ACHÉGATE Á: Fotografía
PREVIA INSCRICIÓN*
PRAZAS CUBERTAS
Neste obradoiro achegaremos dunha forma lúdica ao público infantil aos principios de formación de imaxes nas cámaras de fotografía.
O público asistente construirá a súa propia cámara estenopéica e aprenderá a revelar negativos e o seu paso a positivos.
Xoves 2 e venres 3 de xaneiro ás 12.00 h
Para: Público infantil maior de 6 anos.
**********************
O SABADIÑO DO ROQUE
PREVIA INSCRICIÓN*
O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.
Sábado, 4 de xaneiro ás 12.00 h
Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos.
**********************
CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.
1º e 3º xoves do mes
9 e 23 de xaneiro ás 19.30 h
Para: Público socio do club.
**********************
HOMENAXE A NEIRA VILAS E A BALBINO Presentación do libro
Unha vez máis Xosé Neira Vilas visita a nosa biblioteca, que leva o seu nome. Nesta ocasión o autor ven a presentar o libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino. Un libro que conta con máis de cen colaboracións de distintas nacionalidades e onde se fai un percorrido pola traxectoria do noso protagonista e do seu personaxe máis coñecido, Balbino.
Martes 14 de xaneiro ás 20.00 h
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.
**********************
PASEN I ESCOITEN! ¡PASEN I LEAN! Do daguerrotipo ao pixel
A biblioteca Neira Vilas en colaboración coa Oficina de Voluntariado de Vigo realiza unha serie de actividades conxuntas. Nestas sesións as persoas voluntarias e a xente que así o desexe lerán textos de forma pública para animar á lectura aos asistentes. Estas serán lecturas escollidas que terán relación coa mostra bibliográfica que ese mes este presente na biblioteca, neste caso Do daguerrotipo ao pixel.
Mércores 15 de xaneiro ás 19.30 h
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.
**********************
A HORA DOS CONTOS
“A hora dos contos” é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.
Xoves, 16 de xaneiro ás 18.00 h
Para: Público infantil dende 3 ata 10 anos.
**********************
ONCE UPON A TIME: Contacontos en Inglés
A biblioteca Neira Vilas en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas organiza estas sesións de contos bilingües (en inglés e galego) para fomentar a aprendizaxe dos idiomas entre o público infantil.
Un venres ao mes acompañaranos as nosas amigas Ana Sánchez e Mª José Estevez para ofrecernos una sesión de contos divertida e dinámica ao tempo que aprendemos novas palabras e novas expresión noutro idioma.
Venres, 17 de xaneiro ás 19.00 h
Para: Público infantil de 3 ata 10 anos.
**********************
ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS
PREVIA INSCRICIÓN*
2 DE XANEIRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN
O terceiro sábado de cada mes grazas a Bea e a David os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.
Sábado, 18 de xaneiro ás 12.00 h
Para: Para público infantil dende 12 meses ata 3 anos.
**********************
PRESENTACIÓN BECAS: Copia de autor
Copias de autor convoca no ano 2014, por vez primeira, unha beca que ten como motivo principal a produción de dous traballos fotográficos. Un deles é para estudantes e o outro é unha convocatoria aberta.
A producción destes traballos pode ser en formato libro de autor ou carpeta, dependendo da forma, tipo de linguaxe, número de imaxes… O número de tirada é limitado.
Copias de autor é un lugar de encontro e de traballo para a producción de traballos fotográficos no que, cando unha persoa accede a nós, ten a consideración de autor e a posibilidade de crear e acompañar en todo momento o nacemento da súa obra.
Xoves, 30 de xaneiro ás 19.30 h
Para: Para fotógrafos/as que, ou ben son galegos/as, ou teñen algún traballo inédito feito sobre Galicia, xa sexa rematado ou non.
**********************
CONTOS DAKÍ: Celso Sanmartín
Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ás persoas usuarias da biblioteca, cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non deixarán indiferentes a aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos Celso Sanmartín.
Venres, 31 de xaneiro ás 19.30 h
Para: Público adulto.
**********************
Inscrición:
*A xente interesada en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca, lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.