NOME

Nome é un documental sobre a historia do graffiti Ourensán narrado polos seus protagonistas: Catorce escritores ourensanos.

web

Está grabado e editado por Abraham Caride en Ourense nos anos 2012 e 2013, con fotografías e imáxes cedidas por particulares ou escritores, recopiladas nun largo traballo de documentación.

A música, producción e postproducción musical está feita por Alan Bi Rush no trailer e dous tracks do documental, Jimmy B en dous tracks do documental e Carlito Sound nun track.

A parte do traballo audiovisual tamén hay un traballo gráfico para crear un producto comercial que poida introducirse no mercado, para isto créase unha promoción e diferentes implementacións para que sexa un producto atractivo visual e gráficamente. As referencias principais son a cultura dos anos oitenta de Nova York, a sua liña de Metro e a sua historia.

O primeiro paso foi crear unha identidade; para un escritor de graffiti o nome é o máis importante e por iso o documental chámase así, por ser éste o punto común de tódolos escritores. O imagotipo e o seu deseño trata de recordar ás alambradas que prohiben o paso a certos lugares e involucrar ao espectador neste mundo ilegal e cheo de prexuizos, presentando así un producto afastado do típico estilo graffiti de chorretón de pintura e tags.

Unha das partes máis importantes do proxecto é a elaboración dun mapa esquemático da cidade de Ourense que representa un mapa de metro, así o espectador pode coñecer as zonas e barrios onde máis graffiti pode atopar, os escritores que pintaron neles e os anos nos que se pintaron.

Para a venta deste documental elaboráronse duas opcións físicas: un packaging que consiste nun CD cun librillo no interior, no que podemos atopar información sobre o documental e ver o filme; e outro packaging edición limitada que consiste nun Blackbook con información sobre os escritores, os estilos e historia do graffiti ourensán, mapas explicativos, fotos, un CD co documental e demáis aplicacións coas que o cliente poderá introducirse no mundo do graffiti grazas tamén a un deseño pensado en levar ó graffiti a tódolos públicos.

9

Creouse tamén a páxina web www.nomeourense.es , onde o público poderá ver o documental de forma gratuita e aparte coñecer aos escritores, as novedades sobre o proxecto e demáis información de interese. Tamén fíxose un trailer para publicitar a saída do documental e poder promover o proxecto de forma gratuíta en internet, e a maiores publicitouse un evento de presentación do filme por medio de flyers e cartaces, todos estos medios de publicidade seguen a mesma liña audiovisual e gráfica en todalas aplicacións.

Este documental trata de mostrar a realidade do graffiti nunha cidade pequena, onde non falan especialistas en arte, profesores ou expertos en correntes artísticas, é unha historia real narrada por xente que ten o graffiti como parte da sua vida. É unha nova forma de entender un mundo que ata agora non era posible de comprender con exactitude, é unha forma de ver a evolución artística dunha cidade, a súa historia e o que a súa poboación é capaz de facer, vendo con outros ollos un movemento artístico non tomado en serio en Ourense e que podería facer moito por embelecer a cidade, sendo unha oportunidade para dar a coñecer Ourense no exterior e non só polos monumentos ou polas augas termais, “profesionalizando” un movemento artístico.

www.nomeourense.es

HAZ CLICK AQUÍ Y VISITA CROA19

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *