O Festival de Cans abre convocatoria

O Festival de Cans abre convocatoria de envío de curtas e clips e estrea a súa páxina web

  • O Festival fará un esforzo para chegar este ano ata os 6.200 euros en premios e aumentar a dotación do gañador ata os 2.000 euros.

  • Neste mes de xaneiro, a organización espera asinar os acordos definitivos co Concello do Porriño e a Deputación Provincial.

  • O Festival estrea a súa nova web, con contidos de acceso máis áxil e cerca de 40 horas de contidos audiovisuais xerados desde a primeira edición.

 

O Festival de Cans abre desde hoxe martes 12 de xaneiro a súa convocatoria de curtametraxes e videoclips a concurso para a súa XIII edición que está prevista que se celebre entre o 18 e o 21 de maio de 2016. A convocatoria estará aberta ata o día 4 de marzo e a ela poderán concurrir curtametraxes, videoclips e calquera tipo de peza curta dirixida por realizadores ou realizadoras galegas ao longo dos anos 2015 e 2016.

Para esta edición, a organización fixo un esforzo aumentando a contía en metálico dos premios ata os 6.200 euros, aumentando tamén a dotación do Premio do xurado á mellor curta, que pasará a ser de 2.000 euros fronte ós 1.500 da edición anterior. Este esforzo pretende ser un xesto do festival de apoio total aos novos cineastas e que o premio supoña unha motivación para poder continuar as súas traxectorias no futuro. Ademais da cantidade en metálico, os premiados recibirán o célebre Can de Pedra deseñado polo artesán da pedra Paco Candán, que en edicións anteriores levaron realizadores como Juan Galiñanes ou Dani de la Torre, con varias nominacións este ano aos Premios Goya e que medraron como curtametraxistas no festival. As curtametraxes e videoclips a concurso deberán inscribirse a través da plataforma dixital www.festhome.com e as bases ao completo poden descargarse na web do Festival de Cans www.festivaldecans.com.

A Asociación Arela segue traballando para tratar de pechar os acordos definitivos co Concello do Porriño e coa Deputación de Pontevedra, que espera que se asinen ao longo deste mes para poder ter a confirmación do seu orzamento definitivo. Destas axudas dependerá que o festival poida desenvolverse ao longo dos catro días habituais ou se pola contra se verá obrigado a recortar o número de días de programación.

unnamed

CONSULTA AQUÍ AS BASES DO FESTIVAL DE CANS 2016

CONSULTA AQUÍ TODAS AS FOTOS DA PASADA EDICIÓN

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario