O centro cívico de Monforte de Lemos acolle o 25 de Abril, a I Xuntanza de Credores e Xestores Culturais de Galicia. O obxectivo deste encontro é coñecer de primeira man o traballo que se desenvolve en Galicia en distintos ámbitos do sector creativo.
A Xuntanza do día 25 consta de exposición de traballo creativo e relatorios. Ás 12.00 inaugurarase a exposición que permanecerá aberta ao público durante a fin de semana. En horario de 12.20 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 desenvolveranse os relatorios no salón de actos do Centro Cívico. Nesta primera edición haberá representación do teatro, animación e recreación cultural histórica, producción audiovisual, humor, contidos dixitais e aplicacións informáticas, deseño, música, dereitos de autor e representación de artistas e divulgación da paisaxe e da tradición arquitectónica. Consulta os intervintes:
gustariamevenderbombillas.tumblr.com/Programa
Como público ábrese a participación a outros creadores e xestores culturais e a alumnos que teñan inquedanzas profesionais vinculadas coa creación. Trátase, por unha banda, de dar a coñecer novas posibilidades creativas que amplíen as posibilidades de quenes programan cultura en Galicia, ao tempo que se explican os procesos de traballo e as potencialidades e carencias que os profesionais se atopan na actualidade. A iniciativa pretende ser un punto de encontro para coñecernos, para que nos coñezan e para poder establecer sinerxias futuras entre creadores e xestores culturais que incentiven a actividade cultural.
A web da Xuntanza gustariamevenderbombillas.tumblr.com, está en constante actualización, coas novidades da actividade. Para asistir como público é necesario inscribirse na mesma web. Os participantes na Xuntanza recibirán a acreditación que lles permita ter descontos en restauración e hostalería, gracias á colaboración da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo.
A Xornada completarase cun concerto da formación “Funkombo”. Un espectáculo musical diferente no pub Zoco a partir das 23.00 horas, aberto ao público en xeral e gratuito, gracias á colaboración do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra e do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.
Máis información:
Rocío Gayoso 655 164 982 Ana Belén Fernández 647 595 747