Matreska Teatro

O Señor que escribe as obras fixo que Ledicia e Papabola viviran nunha cociña dentro do escenario dun teatro. Cando se prenden os focos e nas butacas hai xente, Ledicia é feliz. Aínda que a Papabola iso de facer unha función, non lle fai ningunha graza.

Ledicia ten unha mascota moi feitiña que se chama Octavio e un vello oso de peluche que se chama Oso. Papabola é un larpeirón e que lle gusta é comer, sobre todo carne de coello, que é moi rica e está chea de vitaminas. Ten un monte de aparellos de cociña, gorro, delantal e un gran libro de receitas. E como Octavio é un coello, Papabola ten un plan: ¡Metelo na pota, guisalo e papalo todo! …¡Con chícharos e patacas novas!…¡ Que paparota!

A Directora e actriz Mónica Sueiro, crea en Baiona unha nova compañía profesional, Matreska Teatro, a primera da comarca do Val Miñor,cunha montaxe infantil «O Guiso» e cun presuposto de menos cero. ¿Una locura en tempos de crisis? Todo o contrario. Unha iniciativa emprendedora como outra cualquera que trata de impulsala creatividade e apostar polos actores que fan camiño no sector. Como afirma a creadora do proxecto, «O teatro sempre estivo en crise e non por iso imos deixar de facelo».

Matreska plantea así unha coproducións con Arteficción. «O guiso» é unha peza de teatro do absurdo para nenos, adaptada dunha obra de Raymond Cousse e protagonizada polos xóvenes nigranenses María Llanderas e Hugo Rodríguez. Coa axuda de amigos e coñecidos como Sergio Zearreta (voz da Matumbá), ou Juán Hernandez o seu «deseñador persoal» completan os elementos restantes.

Estrenada o ano pasado no auditorio de baiona, e levada como showcase o Culturgal con gran acollida entre os asistentes, recorreran os teatros da comunidad ó largo do próximo ano. As súas datas mais próximas son en Cangas o 13 de oct, e en Vigo a finais do mesmo mes.

309942_2166781146659_1332738719_n

María García Llanderas (Nigrán 1990)

Actriz. En 2006 comeza a súa formación na aula de teatro de Baiona, dentro do grupo Non Sí? Teatro. Segue a complemetar a formación con Avelino González, Olga Cameselle, Santi Prego, Xela Marx, Javier Oliva, Ennio Trinelli…Actualmente cursa 3º de Interpretación Textual na ESAD de Galicia.

Participa como actriz en cinco montaxes de Non SÍ? Teatro (1º premio GzCrea 2007 por pic-Nic e 2º premio Xuventude Crea 2010 por Xogando Shakespeare.), en acións de rúa e guías teatralizadas con Teatro do Grilo e co grupo Tea-treiras.

292655_2166772546444_1035857671_n

Hugo Rodríguez Castro (Nigrán 1988)

Actor e músico. Ten o grado medio na especialidade de Gaita Galega no CMUS de Vigo. Actualmente estuda 2º de interpretación Textual na ESAD de Galicia.

En 2001 comeza a facer teatro en Tranghallada Teatro e continua en Non Si? Teatro ata o 2010. Traballou como actor no «Musictheatre piece nº1» de Jonh Cage; coprodución da ESAD e CMUS Superior de Vigo, «Os soños de Walla»; coproducion ESAD e o Fondo Galego de Cooperación, e como cantante na zarzuela » El Barberillo de Lavapies» no Conservatorio Superior de Música de Vigo. En 2007 gaña o premio como intérprete no 4º certame de Teatro Inmediato en Gondomar.

Na actualidade traballa de actor en varias compañias en activo,unha delas é Limiar Teatro co seu «Verbum Fahrenheit» .

Mónica Sueiro (Ourense 1967)

Directora, actriz, figurinista e docente teatral. Diplomada en Maxisterio e licenciada en Psicopedagoxía. En 1991 comenza a súa formación na Aula de teatro Universitaria de Ourense co equipo pedagóxico de Sarabela, dentro do grupo maricastaña, baixo a dirección de anxeles cuña. Completa a súa formación mentras alterna cos deseós de figuriños, con mestres como Vicente Fuentes, Avelino Gonzalez, Jango Edwards, Eric de Bont, Leo Bassi, Isabel Úbeda, Cándido Pazó, Charo Amador, Philippe Gaulier, Angel Burgos, entre outros.

En 2001 comeza a dodencia teatral e a dirixir. Funda Teatro do Grilo en Ourense (Mellor dirección e 2º premio Na Vangarda 2004 por Romeo e Xulieta) En 2006 Non Sí? Tetro en Baiona.

 

Hugo Rodríguez Castro.

Deja un comentario