Inversa Teatro chega a New York con Fémina Sapiens

A presentación da peza será  no marco do II Festival Internacional Mujeres en Escena de New York que se desenvolve durante todas as fins de semana de novembro

 

A montaxe Fémina Sapiens ven de ser selecionada para participar no II Festival Internacional Mujeres en Escena que se celebra en New York durante as fins de semana do mes de Novembro, con motivo da reinvidicación deste mes contra a violencia de xénero.

A peza poderá verse os días 14 e 15 de novembro na Sala Francisco Requena dentro da sede do Comisionado Dominicano de Cultura en Los Estados Unidos, entidade do Ministerio de Cultura da República Dominicana que organiza o evento, situada no 541 West, 145 Street de Mahattan. Esq. Broadway

Neste Festival latino participan compañías e mulleres creadoras de diferentes lugares como México, Puerto Rico, Colombia, Miami ou Tailandia que poderán verse tanto no Comisionado Dominicano de Cultura como nas Salas do Off Broadway que tamén participan no evento.

Durante a súa estancia, Marta Pérez, impartirá tamén un taller nos días 17 e 18 do mesmo mes.

A compañía realiza así a súa quinta saída internacional despois de estar este mesmo ano no VIII Festival ENITBAR de Barranquilla e de ter realizado xa diferentes xiras no 2012 e 2013 por diferentes países como Brasil, Colombia, México e Venezuela.

Esta peza puidose ver anteriormente durante o mes de setembro en Madrid, na Sala La Selecta e en La Nave Indeleble, despois de ter pasado tamén por diferentes espazos e teatros de Galicia, como Vigo, Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, O Milladoiro ou Cuntis.

 

FÉMINA SAPIENS

 

Fémina Sapiens é un só teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio.

Este proxecto volveu contar cunha axuda por parte de Agadic e desenvólvese como a primeira peza en residencia coa Casa Tomada na Coruña.

Fémina Sapiens é unha peza  onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens -ou se, pola contra somos máis proclives á involución- e onde se cuestiona se os humanos temos unha especie de selección natural que nos faga proclives para decantarnos por unha temática e non por outra. Por que nos enfurecemos cando vemos inxustizas feministas e non racistas, por exemplo? Por que grandes intelectuais que escriben sobre a xustiza social, despois comenten sen embargo actos inmorais con persoas que teñen ó seu lado? Por que somos conscientes da moralidade nun ámbito e non noutro?

Fémina Sapiens é un proxecto experimental onde o cómico e o tráxico se entrelazan para analizar cal é o eslabón perdido entre a racionalidade e moralidade pasando polos estadios de violencia existentes en tres relacións fundamentais: a amizade, a familia e o amor.

A través dun espazo-laboratorio asistimos ó proceso de modificación de conducta da personaxe Fémina;  dialogando permanentemente coas atmósferas do visual e do sonoro para achegarnos ó seu íntimo lugar de reflexión sobre o intelecto humano. Un lugar onde tamén xurden os conceptos filósoficos en torno ó feminismo e as preguntas de porqué os humanos aceptamos que a nosa descendencia chega do Homo Sapiens, cando na realidade somos descendentes da Fémina Sapiens. Que sucedería se todas as Féminas Sapiens do planeta decidísemos non ter nunca máis descendencia? Remataríamos coa especie humana.

 FEMINA-11

INVERSA TEATRO

 

Inversa Teatro é unha compañía unipersonal de teatro profesional fundada en 2009 por Marta Pérez e que xa conta con cinco producións nun exemplo de incesante actividade. A aposta polos novos creadores e creadoras, a posta en valor do sentido femininista e a convivencia de diferentes linguaxes nos seus proxectos son algunhas das claves de Inversa que, despois de Expostas, Kamouraska, Paper Dolls e Té con Kant presenta Fémina Sapiens.

 www.inversateatro.com

 

MARTA PÉREZ:

 

Actriz e creadora escénica. Licenciada en Filosofía pola USC. Directora de Inversa Teatro- nacida en 2009- coa que leva cinco producións teatrais (Expostas- da que é co-autora e que foi publicada pola Revista Galega de Teatro, Kamouraska, Paper Dolls, Té con Kant- da que tamén é co-autora e Fémina Sapiens da que é autora) e que a levou a realizar xiras por Brasil, Colombia, México, Venezuela e Portugal.

Foi convidada a diferentes Festivais e conveciones teatrais en España, Portugal e Latinoamérica onde impartiu distintos talleres, cursos e conferencias. Colaborou coas Embaixadas de España en Colombia e Venezuela, con talleres sobre As Artes Escénicas desde unha perspectiva de Xénero. Colaborou puntualmente escribindo artigos en diferentes revistas de teatro en Galicia.

FEMINA12

 www.inversateatro.com

Deja un comentario