GRITO ROCK NIGRÁN

Xa comezou o GRITO ROCK MUNDO 2014 no territorio galego!

grito

Esta fin de semana participan as cidades de Nigrán, Gondomar e Baiona, e xa andan en marcha os preparativos para os “Gritos” doutras cidades que se van sumar este 2014, como son Ourense, Cangas, Vigo, ou Madrid.

#Activismo e #ResponsabilidadeIndividual

Este acontecemento é unha gran manifestación mundial en formato festival, que trata de agregar ano tras ano, a tóda-las persoas, comunidades, colectivos ou accións que acreditan que un novo mundo é posible a través das lóxicas de participación horizontal, distribuida e colaborativa.

#Horizontal, #AutonomíasConectadas e #Horizontalidade.

O festival vense facendo hai 12 anos, sumando cada ano cidades novas que van entrando nesta plataforma colaborativa que se desenvolve en código aberto(1) a través da auto-inscripción das persoas que acreditan que tanto os/as individuos/as como as comunidades deberían ter plena autonomía para deseñar e se expresar libremente sen estar condicionadas por un mercado agresivo ou pautas sociais estratificadas ou limitadas pola falta de libre circulación do coñecemento ou pola falta de acceso ós servicios socio-culturais ó que so poderíamos acceder a través das moedas circulantes.

#CódigoAberto

A través da participación de tantas comunidades, activase a intelixencia colectiva para ir tratando entre todos/as de ir armando mellores formas de autoxestionarmos. Cada descobrimento ou mellora nos procesos son compartidos de forma aberta e en rede a través de espazos de encontro e intercambio (reunións abertas  e asambleas) ou de espazos tecnolóxicos (como redes sociais, listas de correio,  ferramentas tecnolóxicas de software libre e colaborativo como wikis, pads ou outro tipo de documentos on line) de forma que ese coñecemento non fique na dunha coorporación vertical ( administración, empresa, ou grupos endogámicos).

#CulturaLibre

Os espazos que as persoas libremente dispoñen espazos dentro destas lóxicas,  sexa unha garaxe a un bar, unha praza ou un teatro,  tratan de facilitar a acollida do maior número de actividades que normalmente non teñen unha facilidade de mostra  e circulación, ben sexa por que o mercado non o facilita ou porque as narrativas que conteñen son alternativas ás lóxicas convencionais.
Para este festival é importante dar conta das demandas sociocultural de base, no territorio local e no momento  e tempo que éste está vivendo. Ao mesmo tempo, estas especificidades locais, dan conta á sua vez das grandes narrativas globai, conectando ás localidades nun gande GRITO  por pautas como a libre expresión socio-cultural (libre de licencias restrictivas do copyleft)  consumo responsable, o respeto e a sostenibilidade medioambiental, a redistribuciòn da riqueza e dos poderes, a libre circulación do coñecemento e das persoas.

#EconomíaColabrativa

En cada territorio trátase de activar alternativas ó constreñimento da moeda circulante, de forma que si unha persoa non ten diñeiro, activemos outros canais de acceso  ó festival ou ás actividades que nel se inscriben. Existen outras formas que se van espallando entre a rede do festival, e que cada día son máis criativas. Algunhas son básicas e baseadas nos bancos de tempo, moedas sociais, alternativas ou complementaria, e outras máis complexas activan a posibilidade de triangular tempo, moedas e servizos. ëste último mecanismo é mais complexo, e pasa por unha sistematización de servizos, actividades, materiais, horas, moeda circulante, moedas alternativas activadas no festival…etc,.

#FormacionLibre

A mellora nestas alternativas aprendense de forma moi emprícica participando nestes procesos de festival, por iso o Grito dimensiónase como unha plataforma de Unversidade Libre na que se van actualizando saberes, compartíndose entre quen fai parte del e tratando de espallar o máis posible este coñecemento a través da comunicaciòn de tódos este procesos.

Metodoloxía do festival:

A metodoloxía básica do festival comeza por un desexo de unha persoa en facer parte e abrir ou disponibilizar un espazo para que todo isto aconteza no seu territorio. Logo procura informaciòn desta metodoloxía de festival na páxina web do Grito Rock onde tamén pode procurar algún soporte  contactando coa “Rede de Colectivos Fora do Eixo”, que sempre están na base para cuidar e dar informaciòn e soporte para que se expandan estes procesos o maís e mellor posible).  Despois diso, a persoa libremente convoca á sua rede de afins ese desexo e trata de estimular a que outras persoas ou espazos fagan o mesmo.  Para que este proceso non sexa endogámico, tratará de convocar en reunións abertas á maior parte de cidadanía e abrir este proceso a tóda-as persoas que queiran facer parte.
Nas reunións abertas, esa comunidade de persoas que van coorinar ese Grito na súa Cidade, debatirán cuais son as campañas ou pautas socioculturais para armar o festival e quen se fará cargo de coordinar certos frentes de traballo como a comunicación e administración de campañas de difusión e agregación de actividades.
A Rede de colectivos que vai agregando este festival, disponibiliza tódolos anos unhas doce campañas por defecto para dar comezo, como o Grito Verde (para accións de sostenibilidade medioambienta),  o Campus Grito ( para procesos de formaciòn libre)  ou o Grito Peque ( para incluir ás crianzas no festival).  Cada territorio e libre de abrir a campaña que precise, ou inventar unha nova que lle represente mellor. So ten que comunicala e coordinala en rede cos participantes do Grito.

Cando se comunican as campañas, cada unha dela leva adherido un formularios de autoinscripción. Esas inscripcións de artistas, charlas, obradoirosetc, son agregadas a unha plataforma dixital ou documento colaborativo ó que tóda-las persoas que se autoinscriben como productores/as teñen acceso, sen unha productora que paute qué é o que ten que ser inscrito no programa de cada cidade. Dese xeito, os/as productores/as van contactando libremente cos artistas, palestrantes, talleristas …etc. e formando libremente o seu programa.
Esta metodoloxía, ó mesmo tempo, vai facendo posible un mapeamento e rexistro compartido de unha sociedade que está a repensar as lóxicas para ir arrumando este mundo estropeado e compartir e intercambiar posibles xeitos de arrumalo.

Xa antes de fechar o programa, as cidades van comunicando o mais posible o proceso de autoxestión, para que a sociedade vaia tendo acceso a estas novas metodoloxías, e unha vez ue está conformado e acontecendo o festival, síguese cominicando o máis posible como vai acontecendo on line.

Cada ano, as cidades e axentes se multiplican, de xeito que o ano pasado Gritaron 300 cidades en 30 países e este ano puxa por Gritar en 400 cidades.

Tres cidades se suman ó Grito Rock no Val Miñor: NIGRÁN, GONDOMAR  e BAIONA:

Nas tres cidades do Val Miñor,  os espazos que acollen actividades no Grito Rock Mundo 2014 son:
o Colectivo e Espazo “Casa Colorida” ( Rua Rosalía de Castro 16, Nigrán),  Colectivo e Espazo “Toma de Terra” ( Rua Reverendo J.M) , O “CRC Torreiro de Priegue” (Detrás da Gasolineira, Priegue, Nigrán), o “Café Rañolas” ( Rua Otero Pedrayo 36, Gondomar), e a “Taberna Marrucho” ( Rua da Percibilleira, Baiona).

Alén dos espazos, envolve a varios colectivos que colaboran no proceso como, Enxeñeria Sen Fronteiras, Truequelandia, Toma de Terra,  e os Grupos de Crianza  e Moeda Social da Casa Colorida entre outras persoas independientes como artesans, artistas, dinamizadores/as, e persoas que teñene algún coñecemeto sobre temas que queren poñer a disposición do común e para o pro-común.

1425404_1423384527909084_2065520523_o

PROGRAMA GRITO ROCK VAL MIÑOR 2014

Esta fin de semana acontece un programa de artes integradas e formaciòn aberta que acolle as seguintes actividades:

VENRES 7 Marzo 

16:00    TORREIRO    ARTESANS e OBRADOIROS no GRITO A MAN 
        1.- obradoiro xoieria prata
        2.- obradoiro repuxado en metal,
        3.-.obradoiro lá e trapillo  
        4.- obradoiro nós celtas 
        5.- obradoiro carteiras de comic 
        6-  postos de teares, xabons e trenzado para pulseiras.

18:00    TORREIRO    MUSICA- Algarada. Músicas Tradicionais
19:00    TORREIRO    MUSICA- ESCENA- Solista por narices
21:15    TORREIRO    MUSICA-Balú Seluba
22:30    TORREIRO    MUSICA-Poem
0:45      TORREIRO    MUSICA- Tundra Dröm
1:00      TORREIRO    MUSICA-The pretty shirts

SABADO 8 Marzo

12:00    COLORIDA_ CAMPUS/ VERDE- Electrónica ética
13:00    COLORIDA_ CINE Libre- ” La Educación Prohibida” _Reevo-con info de cofinnanciacion
14:30    COLORIDA_ COMEDOR de “Trouxen”  e conversas infinitas.
17:00    COLORIDA_ CAMPUS- “Educación Libre na Crianza: Un novo futuro nas nosas mans!
17:00    COLORIDA_ CAMPUS/PEQUE- “Mercadiño troco infantil, obradoiros para nenos” 
17:00    COLORIDA_ TROCO LIBROS
19:00    COLORIDA_ ESCENA PEQUE- “Juanpi Cuenta Cuentos”
18:00    RAÑOLAS _ MUSICA- Peque Jam 
20:00    RAÑOLAS _ MUSICA- peque  Kaleye Diamon (batucada interactiva)
20:00    COLORIDA_ CAMPUS/VERDE: Hervicidas non (documental e mesa redonda)
22:00    COLORIDA_ CINE Libre- NOS AMBIENTE_ ” Em quanto o trem nao passa” 
23:00    RAÑOLAS _ MUSICA-Grito Jam_

DOMINGO 9 Marzo

11:30    COLORIDA_ CAMPUS- Conversa Uni Libre- Economías alternativas_MOEDA SOCIAL NO VAL
13:30    TOMA DE TERRA    CAMPUS/VERDE- Paseo para coñecer proxecto de agricultura orgánica e xantar popular na finca
14:30    TOMA DE TERRA     Xantar popular na finca
17:00    MARRUCHO    CAMPUS/VERDE Arquitectura ecolóxica
18:00    MARRUCHO_ ESCENA- LOHENGRÍN teatro_MONOLOGO
20:00    COLORIDA_ CINE _ Libre – “Terra” ( Dakidarria)
20:10    COLORIDA_ CINE _ Libre – NOS AMBIENTE_”Tesouros vivos do Mar”
21:30    COLORIDA_ CINE _ Libre – NOS AMBIENTE_”La voz del Viento, Semillas de transición”.
22:00    COLORIDA_ CEADOR de “Trouxen”  e conversas infinitas.
22:00    COLORIDA_ CINE _ Libre- FILM_  ” 65 -80%”

 

Mais info en:

(N-1) Grito Rock
(Facebook) GRITO ROCK NIGRÁN 2014

Deja un comentario