Grapo Grapo (II Xornadas Mutantes de Autoedición)

Grapo Grapo

O Liceo Mutante inaugura a súa tempada de verán nin máis nin menos que coas II Xornadas Mutantes de Autoedición GRAPO GRAPO. Os vindeiros 21 e 22 de xuño,  convertirase na casa dunha chea de artistas e editores chegados dende todas as esquinas do estado (e máis aló) e que teñen en común a súa aposta pola autoedición como vía de comunicación.
Centrado na autoedición gráfica e sonora, o GRAPO GRAPO acollerá propostas relacionadas coa arte, a ilustración, a fotografía, o deseño, a banda deseñada, amúsica, o graffiti, o punk, o skate, o ensaio, a poesía… en forma de fanzines, libros, discos, serigrafías, debuxos, camisolas, carteis… Propostas que viven transitando polas marxes con alegría, creando os seus propios camiños entre as silveiras, sen pretensións mesiánicas nin discursos de xustificación.
A entrada é libre.

PROGRAMA

VENRES 21

18.00/23.00 h. GRAN FEIRA GRAPO GRAPO. Todos os convidados estarán atendendo os seus postos ateigados de cousas incribles ata a hora de peche.

20.00 h. Concerto de SR. ANIDO, o proxecto en solitario de Rafa Anido, figura esencial do underground galego nas dúas últimas décadas.

SÁBADO 22

10.30/13.30 h. e 16.00/18.00 h. Obradoiro CINEMADEMENTE: Cinemademente é máis ca un obradoiro arredor do cine, é todo un laboratorio de experimentación. Mediante unha práctica totalmente artesanal os participantes intervirán películas antigas ( 8 mm e 35 mm) dando lugar a novos filmes nos que o xesto, a cor e a imaxinación tomarán o papel protagonista (información e inscripcións en artes.liceomutante@gmail.com)

14.00 h. COMIDA DE CONFRATERNIZACIÓN. Unha chea de delicias a precios populares para coñecerse todos e botar unhas risas.

17.00 h./23.00 h. GRAN FEIRA GRAPO GRAPO.

20.00 h. Concerto de FANTASMAGE, os auténticos reis do punch rock.

22.00 h. APOCALÍPTICA RIFA FINAL. A rifa descacharrante, onde sortearán toneladas de regalos donados polos participantes, ademáis de parafernalia do Liceo e sorpresas de alto contido simbólico.

23.00 h. A rañala por aí adiante!

Durante as xornadas, teremos ós grandes muralistas Liqen, Tayone e Nanvaz traballando nos muros.

Velaí os participantes:

Joni López (Madrid/Asturias)
La Platanera (Illa de Arousa)
Pepa Loba (Tui)
Firecream (Galicia/Londres)
Ediciones Puré (Madrid/Cuenca)
La Piscina Editorial (Tenerife/Madrid)
Flying Rats Skateboard Crew (Pontevedra)
Gráficas Torete (Madrid)
Desayuno Fanzine (Valencia)
Discos Porno (Ourense)
ETT Cómix (A Coruña)
Kardos Bueu (Bueu)
Marta Cerviño (Pontevedra)
No Dejaré Que Salves Este Mundo (Vigo)
Fase Lunar (Pontevedra/Vigo)
Bravú (Marín)
Berto Fojo (Poio)
Están Vivos (Cuenca)
Vida Publicaciones (Vigo)
Carme Nogueira (Vigo)
Santiago Paredes (Pontevedra)
Doa Ocampo (Ribeira Sacra/Lisboa)
Cosmonauta Tropical (A Coruña)
Tayone // Random Screener (Vigo)
Nando Vázquez (A Coruña/Cerdedo)
Tamara de la Fuente (Vigo)
Javier R. Rosell (Toledo)
Katxarro Comuniste (Pontevedra)
Fanzine Doloso // Dinomatones (Cáceres)
Seara Records (Vigo)
Pilar Marcó (Barcelona)
Orfidal (Asturias)
Jerseys Para Los Monos (Asturias/Londres)
Bababum (Compostela)

Ademáis contarán con material de Ultrarradio Ediciones, Chingaste la Confianza, Borobiltxo Ediciones, Demo Editorial…

Iria F. Mouriz

Deja un comentario