Festival Reperkusión ¿Queres participar?

O Festival Reperkusión abriu onte e ata o 1 de maio a convocatoria para que artistas, grupos e compañías profesionais poidan presentar as súas propostas para formar parte da programación da 12ª edición do festival.

1796906_10151986946717286_1169861917_o

O Festival celebrará na Cidade dos Muchachos de Bemposta, en Ourense, os días 11, 12 e 13 de xullo. Como nas edicións anteriores, a programación de concertos de noite no escenario principal, onde xa está confirmada a presenza da rumba rockeira de “Muchachito y sus compadres”, da percusión o movemento e a comedia visual de “Crassh”, dos ritmos frenéticos de “Cuchufellos” e do garage-punk desenfadado dos “Terbutalina”, completarase con música, circo, teatro, performances, pasarrúas, exhibicións artísticas e outras actividades das que se pode gozar en diferentes espazos da Cidade dos Muchachos ao longo dos tres días de festival.

Na selección de propostas para a programación de día teranse en conta a súa orixinalidade e capacidade para sorprender, o seu valor artístico e cultural e a capacidade para captar novo público, ademais da adecuación ás condicións técnicas esixidas e a capacidade do espectáculo de adaptarse á rúa e a espazos abertos. Toda a información sobre como inscribirse na convocatoria de artistas está dispoñible na web www.reperkusion.com.

En vista da boa acollida que tivo a proposta na pasada edición, este ano tamén se seleccionarán tres das propostas de día nas redes sociais do Festival Reperkusión. Os tres artistas, grupos ou compañías que reciban máis apoios serán seleccionados pola organización para formar parte da programación. O ano pasado, finalmente foron catro os elixidos polo público: Guezos, Skarallaos, La Tarrancha e Rimbarán.

 

reperkusión.com  ·   facebook   ·   twitter

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente.Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario