Colectivo Bomba presenta novo disco «YEAH!»

Colectivo Bomba preséntase este vindeiro Sábado día 22 de Febreiro cun dobre concerto para presentar o seu primeiro traballo discográfico “YEAH!”.

O disco contén once cortes grabados nos estudos “Clandestinos” de Pontevedra baixo a batuta de Txapu e Toñyto All Time. Nel destacan colaboracións como a de Albert (Itaca Band), Aleko (Planeta Lem) ou Juancho e Alberto (Filobia). Once temas que invitan ao baile, bo ambiente e un alento fresco e utópico referente a situación actual.

Colectivo Bomba mostrará nun dobre concerto no Casino Ateneo de Monforte (precioso edificio histórico da cidade), que incluirá un acústico ás 17.00h e un eléctrico ás 23.00h. Presentarán así o traballo no que levan traballando un intenso ano no que, ademais da grabación deste disco, debutaron con 26 concertos ao logo da xeografía galega.

 1012038_232672753582938_13872231_n

 

Colectivo Bomba comeza a súa traxectoria en Maio de 2013, cando, nunha Jam Session local, se coñecen os seu integrantes.

Este grupo orixinario de Monforte de Lemos, afincado en Arxevide, comezou a súa viaxe con nada máis e nada menos que 26 concertos no seu ano debut, contando cunha grande acollida do público e a crítica. Caracterízanse pola mestizaxe no estio, onde podemos atopar salpicaduras do Ska, o Reggae, o Rock ou a Cumbia entre outros. Mesturándoos con letras que tratan temas como o desafogo humano e a protesta social.

No seu primeiro ano xa compartiron escenario con grupos como Ultragans, Itaca Band ou Natural Green entre outros.

 

Podedes escoitar e descargar este primeiro traballo na súa páxina web:

www.colectivobomba.com

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario