CHOVE – Thomas Dylan

Thomas Dylan é un artista polifacético natural de Pazos de Borbén –Pontevedra–. Fotógrafo, videomaker, e MC, realizou os seus estudios de imaxe e publicidade no EISV e na UVIGO. Despois de pasar varios anos traballando para productoras importantes do audiovisual galego, traballa na actualidade como técnico en audiovisuais para Quadra Producións.

Iniciouse no mundo da música como locutor do programa de HipHop “O2” da Radio Redondela e anos mais tarde como artista musical xunto ao grupo Nubes de Pedra, cos que lanzou un álbun titulado “Claroscuro”. O feito da sua obra estar en galego atraiu o intereseda discográfica Língua Nativa, aparecendo no primeiro álbum da mesma coa música “Para sempre calar”, xunto artistas de Portugal e Angola entre outros.

É fundador do colectivo de Hip Hop vigués Verso Libre, no que ademáis de artista musical, desenrola a sua faceta como videomaker.

Thomas Dylan - Chove. Disco de vinil LP 10’.

Thomas Dylan – Chove. Disco de vinil LP 10’.

Chove é un álbum de Hip Hop nacido en 2014 que vira entorno a un concepto audiovisual creado por Thomas Dylan –vocalista–, Frank aka “Genio en la Sombra” e 2Pas0s –productores–, Ichi –dejaay– e Javi H –fotógrafo–. O disco conten 10 cancións ilustradas con fotografías que foron tomadas o longo do último ano por Javi H, respetando e expoñendo a temática de cada unha delas. Ademáis, o proxecto ven documentado con vídeos tocando en directo empregando sintetizadores, procesadores de efectos, pratos, durmpads, etc., cos que poder ver e escoitar as actuacións de cada canción.

O álbum esta manufacturado en Mood Studios –Madrid– e será editado en vinil e CD, pola discográfica galega Língua Nativa e o colectivo vigués Verso Libre o dia 1 de setembro de 2015.

ARTWORK

 

thomas-dylan.tumblr.com

Fotografía e dirección de Arte: Javier Suárez

Deja un comentario