Un grupo de rapaces de Ourense, en colaboración con O cabalo fosforito e o programa Iniciativa Xove 2015 da Xunta de Galicia, propoñemos un novo concepto de certame artístico. A este certame están convocados tódolos artistas, debuxantes, ilustradores… residentes en Galicia (adxuntamos bases e arquivo de inscrición)
¿por que este certame é diferente?
Pois porque o obxectivo é formar ós seleccionados na técnica serigráfica como auto-producción para a súa obra e crear un punto espazo-temporal de encontro de artistas que están na saída da súa carreira profesional. Ademáis cos traballos realizaranse unha exposición e un catálogo.
![A3tintaxove](https://i0.wp.com/croamagazine.es/wp-content/uploads/2015/09/A3tintaxove1.jpg?resize=640%2C905)