VI FICBUEU 2013. Bases de participación

FICBUEU 2013

6º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu celebrarase en Bueu (Pontevedra, España) do 2 ao 7 de setembro de 2013. 

PARTICIPACIÓN

A participación está aberta a todas as obras realizadas a partir do 1 de xaneiro do 2010, podendo concorrer creadores de calquera nacionalidade.

Poderán presentarse obras de calquera xénero de ficción, cunha duración máxima de 30 minutos. (Non se acepta o xénero documental).

Aquelas curtametraxes nas que o idioma non sexa o galego ou o castelán deberán ter subtítulos nalgún deles ou en inglés.

A película poderá estar rodada en calquera formato, sendo a única esixencia o posuír unha copia HD ou en DVD para a súa proxección.

Cada participante poderá presentar tantas obras como desexe.

Non serán admitidas as curtametraxes que se presentaron en edicións anteriores.

INSCRICIÓN E DESENVOLVEMENTO DO FESTIVAL

As obras poderanse enviar dende o 18 de xaneiro até o 15 de maio de 2013.

De entre todas as curtametraxes recibidas serán seleccionadas 25, as cales serán anunciadas a través da web do festival o 15 de xuño.

A cada unha das obras seleccionadas comunicaráselle a súa participación vía e-mail. A través deste tamén se lle solicitarán os datos e o material gráfico necesarios para o desenvolvemento do festival. Este terá que ser enviado antes do 1 de xullo. As curtametraxes que non teñan subtitulos en galego ou castelán tamén terán que enviar a lista de diálogos en inglés.

Celebración do festival:
– Proxectaranse 5 curtametraxes cada día do 2 ao 6 de setembro.
– O sábado 7 de setembro realizarase a entrega de premios e proxectaranse de novo as curtametraxes premiadas. Tras a gala celebrarase unha festa de clausura.

PREMIOS

O xurado estará composto por catro membros relacionados co ámbito da cultura e do audiovisual, e serán eles os que outorguen os distintos premios, a excepción do premio do público.

Establécense as seguintes categorías:

• Primeiro curtametraxe: 2.000€ e trofeo.
• Segundo premio: 1.000€ e trofeo.
• Premio do público: 500€ e trofeo.
• Mellor curtametraxe galega: 500€ e trofeo.
• Mellor director: Diploma.
• Mellor guión: Diploma.
• Mellor actriz: Diploma.
• Mellor actor: Diploma.
• Mellor fotografía: Diploma.
• Mellor dirección artística: Diploma.
• Mellor vestiario: Diploma.
• Mellor maquillaxe/perruquería: Diploma.
• Mellor son: Diploma.
• Mellor montaxe: Diploma.
• Mellor música: Diploma. 

Para a recepción dos catro premios principais será obrigatoria a asistencia á cerimonia de clausura. Para iso facilitaráselles aos premiados estancia gratuíta para esa noite.

Os premios en metálico están suxeitos a súa correspondente retención fiscal.

Os gañadores dos premios técnicos tamén se lles proporcionará hospedaxe gratuíto para a gala de clausura, así como unha axuda económica para a viaxe.

ENVÍO

Para inscribirse no certame hai que enviar antes do 15 de maio:

Correo Postal (ou de forma presencial no rexistro do Concello):
• DVD da obra.
Ficha de inscrición.

Online (info@ficbueu.com):
• Link de descarga directa da obra.
Ficha de inscrición adxunta.
• No asunto debes poñer: FICBUEU2013/Titulo completo da obra
(Enviar todo nun único email. No caso de enviar varias curtametraxes podes facelo por separado ou nun mesmo email, neste caso debes poñer todos os títulos no asunto ou na mensaxe.)

Os envíos fechados o mesmo 15 de maio serán admitidos.
(Prégase que non se envíe ningún material adicional, xa que non será arquivado).

Enderezo postal:

FICBUEU
Concello de Bueu
Eduardo Vincenti, 8
36930 – Bueu (Pontevedra)

Para calquera dúbida ou información: +34 986 324 338 (Xabier) ou info@ficbueu.com

Iria F. Mouriz

Deja un comentario