Aberto o prazo para a inscrición nos premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual abre o prazo para a inscrición nos Mestre Mateo

Por primeira vez a inscrición para concorrer a estes galardóns galegos realizarase en liña

O prazo abriuse o pasado luns e pecharase o vindeiro 4 de decembro de 2015

 

A Academia Galega do Audiovisual abre o prazo para as obras que desexen participar nos Premios Mestre Mateo. Por primeira vez a inscrición para poder concorrer a estes premios realizarase en liña, facilitando as fórmulas de participación nestes galardóns que pretenden salientar o mellor das produccións galegas do presente ano.

Esta nova edición será a décimocuarta desde a posta en marcha dos premios e será a primeira na que todo o proceso poderá ser realizado en liña polos membros da Academia Galega do Audiovisual. Por primeira vez desde a posta en marcha dos premios, toda a participación nestes premios organizados pola AGA poderán ser resoltos desde a rede. Os interesados en presentar obras aos premios poderán facelo na web da Academia. Os académicos que voten nas dúas rondas poderán tamén facelo desde a mesma web, pero ademais os socios da AGA poderán visionar as obras presentadas a premio directamente na rede.

Como nos últimos anos, os Premios Mestre Mateo pretenden recoñecer o traballo do sector do audiovisual galego. Os premios seguirán un calendario similar ao de edicións anteriores. Unha primeira rolda de votacións para escoller aos finalistas en cada categoría e unha rolda final para escoller aos gañadores que se coñecerán na gala dos Premios Mestre Mateo que, un ano máis, se celebrará en A Coruña.

Nesta ligazón tendes as bases completas para os premios, as categorías dos premios e o formulario de inscripción

mestre-mateo-foto-de-paco-rodriguez

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario