1º Encontro de deseñadoras e deseñadores galegos

A DAG, Asociación Galega de Deseñadores, organiza o 1º Encontro de deseñadoras e deseñadores galegos para analizar a situación da profesión no contexto máis próximo.

Trátase dunha iniciativa con vontade de ter continuidade e que se enmarca dentro dunha das liñas de actuación da DAG que busca descentralizar os eventos de deseño e achegar estes tamén ás vilas pequenas. O lugar elixido para esta primeira edición é Rianxo, concello ao que lle agradecemos que nos ceda o seu auditorio para a súa celebración.

O encontro, concibido para pór en común e aprender a partir das experiencias dos profesionais do deseño galego, desenvolverase ao longo de dúas xornadas (31 de xullo e 1 de agosto) e contempla un variado programa de actividades con conferencias, debates, presentacións de proxectos, etc.

Venres, 31 de xullo

10.30 – 11.00 – Benvida e presentación

11.00 – 13.30 – Debate

Políticas de deseño para Galicia, Uqui Permui

16.30 – 18.00 – Conferencia

Tipografía personalizada para sistemas de identidade corporativa, Marcos Dopico

18.15 – 20.00 Presentacións

Antón García Seoane
Costa
Óscar Otero
Sond3
Uqui Permui
Desoños

 

Sábado, 1 de agosto

11.00 – 13.30 – Conferencia

Arquivar, mostrar, estudar o deseño galego, Pepe Barro

16.30 – 18.30 – Presentacións

Cenlitrosmetrocadrado
Artworkatwork
desescribir
Pancho Lapeña
Martiño Villaverde
Ekinocio

19.00 – 20.00 – Visita á Casa-Museo Manuel Antonio, Xosé Luis Axeitos

download

 

Aínda que a entrada é libre, por motivos de espazo, todas as persoas interesadas en asistir deben reservar praza con antelación enviando un correo a info@asociaciondag.org.

Do mesmo xeito, aqueles que desexen participar no xantar común do venres ou do sábado no restaurante O Vilar, xestionado pola organización, deberán enviar tamén un correo a info@asociaciondag.org confirmando a súa asistencia antes do 24 de xullo. O prezo do menú é de 10 euros.

 

Vía: asociacióndag.org

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario