1º Curso de ilustración e banda deseñada

Cando?

Entre os meses de Xaneiro e Marzo de 2014

Onde?

En Aula D, escola de Deseño

Canto?

O prezo base do curso é de 300€, sen outros custos adicionais, nin por matrícula, nin por título, nin de calquera outro tipo.
Se tes realizado calquera tipo de formación previa en Aula D poderás beneficiarte dun desconto do 25% sobre o prezo total do curso
Se es menor de idade ou estás desempregado o desconto sobre o prezo total será do 50% (presentando a tarxeta do INEM).

curso-ilustracion-aula-d

Detalles

Este curso ten como finalidade introducir ao alumnado nos coñecementos teórico-prácticos da ilustración e da banda deseñada.

Tanto a banda deseñada como o libro ilustrado, veñen experimentando unha importante presencia no ámbito editorial grazas aos novos autores que, nos últimos tempos, están a publicar os seus traballos, incluso máis alá das nosas fronteiras.

Asimesmo, estas disciplinas están presentes a día de hoxe en multitude de medios comerciais, tanto impresos como en soporte dixital tales como libros, publicacións periódicas, catálogos, cd´s, etc

A este curso pode acceder calquera persoa maior de 16 anos que teña interese pola ilustración ou a banda deseñada e que desexe obter coñecementos fundamentáis para o desenvolvemento dunha labor profesional. Do mesmo xeito, é especialmente interesante como complemento formativo para persoas que teñan pensado iniciar estudos afíns no ámbito do deseño, as belas artes, a arquitectura, etc.
O curso ten unha duración total de 60 horas distribuidas en 6 horas semanais durante 10 semanas.

As clases impartiranse os luns e os mércores en horario de tarde, de 18:00 a 21:00, comezando estas o 20 de xaneiro e rematando o 26 de marzo.
Establécese unha porcentaxe mímima de asistencia do 80%.
Unha vez rematado o curso os alumnos recibirán un diploma acreditativo emitido pola escola certificando a súa asistencia ao mesmo.

O profesorado estará formado por profesionais con longa experiencia, tanto na docencia como no ámbito profesional:

  • Almudena Aparicio (ilustradora)
  • Iago Araújo (docente e ilustrador)
  • Alberto García Ariza (docente e ilustrador)
  • Andrea Costas (docente e artista visual)
  • Pedro Román (docente e deseñador)
  • Diego Fernández (docente e deseñador)

Igualmente contarán coa presenza de diversos profesionais que aportarán a súa experiencia e visión da ilustración e a banda deseñada a través dos seminarios monográficos.

Xa que o número de prazas é limitado as solicitudes atenderanse estrictamente por orde de chegada ata o 17 de xaneiro. Haberá un prazo para efectuar a formalización da matrícula tralo cal o dereito de matrícula pasaría á seguinte persoa da listaxe.

 

Contacto

Ponte en contacto xa mesmo a través do enderezo de email cursos@aulad.com ou ben chama ao teléfono 986 214 076 (a partir do 9 de xaneiro) para que poidan engadirte á listaxe de alumnos do curso. Feito isto facilitaranche toda a información e datos necesarios para completar o proceso de matriculación.

 

 

Aula D Blog

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *