XXVIII Festival da Poesia no Condado

Salvaterra de Minho acolhe o encontro nos dias 5 e 6 de setembro

O XXVIII Festival da Poesia no Condado reclama umha economia social

O mes de Setembro leva ata Salvaterra o Festival de Poesía no Condado, como se ven repetindo tantos anos atrás. Todas as artes, especialmente as escritas, toman forma nesta XVIII edición do festival coa reivindicación dunha economía social que evite a explotación do medio e das persoas.

O Festival da Poesía estará dividido en dúas xornadas, venres e sábado 5 e 6 de Setembro. Dará comezo na tarde do venres coa proxección do documentário Pacios. As fotos na memoria, presentado polo seu director, Manuel Darriba. Continuarase coa apertura das exposicións colectivas Elas som eu e Matricas, culminando a xornada coa Noite nas Minas, coa actuación de Blues do País. Esta última actividade será a única de pago de todo o festival xa que o aforo é limitado e terá un prezo de 8€ para desempregados e 10€ para o resto dos asistentes. A festa proseguerá fora das Minas coa actuación de Fanfarria Taquikardia e co dj Bigote Mix.

O groso das actividades chega no sábado ben cedo. Comezarán de mañán cun passa-ruas e a montaxe da feira de artesanato e colectivos, que este ano se centrará nas finanzas éticas e a economía social. Ao medio día deberase escoller entre participar no Campionato de Bilharda ou na mesa redonda de proxectos de economía social.

O grupo de teatro Tanxarina vai-se encargarase de animar a Festa Infantil desde as cinco da tarde, momento no que se retoma a actividade. Máis tarde volverá o espazo para o audiovisual coa proxección das curtas Polas Bravas e unha selección das premiadas no Festival de Cans.

Entrando a noitiña, sobre as 21.00, o Leo i Arremecághona sairá ao escenario para presentar o XVIII festival poético-musical, no que, coma sempre, música e poesia irán alternando. Depois da presentación, representantes do colectivo ‘De volta para Loureda’ lerán o limiar da antologia poética do festival, escrito por Carlos Calvo, preso na cadea de Topas, en Salamanca. Participan no recital poético Xabier Cordal, Ismael Ramos, Alicia Fernández, Berta Davila, Paula Carballeira, Teresa Moure, Concha Roussia, Xesús Rábade, Koki, e, desde Portugal, José Viale Moutinho e Marília Miranda. O apartado musical o protagonizan A Quenlla, Fortuítos, Sés, The Tetas Van e Liska.

O programa completo, e algunha información complementaria, está dispoñible na página web da SCD Condado: www.scdcondado.org

2014 - Cartaz Festival

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente.Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario