— Armados de humor —
Organiza: AGPI
Lugar: Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia en Santiago (rúa do Vilar 19, 15705 Santiago de Compostela)
O feito de ser a X edición, se celebrará con actividades especiais. O título, «Armados de humor», quere pór de relevo a capacidade da profesión para afrontar con filosofía a situación de crise actual, ao tempo que sinala a temática desta edición, o humor gráfico.
O Encontro será pola mañá, con actividades abertas a todo o público interesado e totalmente gratuítas.
10:15 h Presentación oficial, e logo dela comezará unha charla de Manel Fontdevila.
Pequeno catering de café para os presentes
12:00 h mesa redonda «Armados de humor», que contará coa presenza de Xaquín Marín e Luís Davila, e será conducida por Santy Gutiérrez.
13:30 h Acto de homenaxe a Suso Cubeiro, que pola súa traxectoria profesional como pioneiro do sector profesional da ilustración en Galicia e por ser membro fundador e un dos máximos impulsores da AGPI será nomeado socio de honra.
A mañá terminará co tradicional Fotomatón de todos os presentes, na praza da Quintana.
Xa pola tarde decorrerá a partir das 17:00 h, no Centro Cultural, a Asemblea Xeral, só para os socios da AGPI.
22:00 h Festa do Décimo Aniversario do Encontro Galego de Ilustración
Lugar: Pub Cachán Clube (rúa dos Loureiros 16, 15782 Santiago de Compostela).
Entrada: Gratuíta, aberta a todas as persoas.
Presentación do novo número do fanzine Compota de Manatí, + Concerto do grupo de blues e soul Banda Aparte, + Sorteos e concursos, ademais de cervexas e descontos nas copas para socios da AGPI.