Welcome

“Welcome”

10151689_10203445146475772_2016061974_n

É a obra teatral coa que TUF, o grupo universitario de teatro de Ferrol, ponlle boa cara á crise. Divertida, amena e moi sincera, estas son as peculiaridades que fan desta representación unha historia única. A compañía convida ao público a adentrarse na súa casa, asistir aos seus momentos cotiás e disfrutar da comicidade que ofrecen estas situacións tan variopintas.

O pasado Xoves foi o preestreo no edificio Normal na Coruña, cunha grande acollida por parte dun público moi agradecido, este Venres o equipo atrévese co estreo na cidade de Ferrol ás 20.30 no edificio cultural do Campus Universitario de Esteiro, de entrada gratuita para todos aqueles que o queiran pasar ben.

Dirixido por Gonçalo Guerreiro, da compañía Elefante Elegante, gañador do premio María Casarese interpretada por: Ana María Castro, Manuel Novo, Carmina López-Dafonte, Damián Rodrígues, Bea Zurro Vigo, Sabela Folgar, María López Pita, Mirlandy Hernández, Teresa Rúa, Estefi Crespo, Diego Villar, Raquel Freire, Juli Graña, Pilar López Pampín, Alexandre Lamas.

Un gran equipo para facerte pensar, e rír!

10168891_10203443399432097_1991507066_n

Facebook do Teatro Universitario de Ferrol

Bea Zurro Vigo

Deja un comentario