Tripalium – Teatro

web

“Gañaremos o pan coa suor da túa fronte”

Non resulta sinxelo explicar o especial que pode ser ver unha obra sen saber o que debes esperar, sen críticas previas.

Seis persoas como equipo, un espazo industrial de pouco máis de 5 metros case baleiro, unicamente quebrado polo metal e o son, un son envolvente que te atrapa en tripalium, nos cincuenta minutos de obra, música, risas, incluso baile e, porque non, palos.

Eles mesmos presentan desta maneira a súa obra:

“O paradoxo de traballar para crear unha obra sobre o TRABALLO, o paradoxo de converter a rabia en espectáculo.
Porque a obra xorde da rabia, do enfado… Os humanos somos máis que palabras, somos Corpo, sensorialidade, somos ruido, silencio, somos contención e explosión… e desde a mestura de todo o que somos, como animais completos, tentamos achegarnos nesta obra a lugares comúns.
Que o traballo sexa considerado un ben en si mesmo, provócanos rabia.
Que o traballo sexa usado como motor de exclusión social, provócanos rabia.
Que se inventen traballos para serrar riqueza, provócanos rabia.
Que a xente pase fame, provócanos rabia.
Que nas feiras de emprego creadas polas instituciónns fagan cola miles de persoas co currículo n aman, provócanos rabia.
Que haxa moitos que rin con todo isto, provócanos rabia, moita rabia.
E facemos teatro, establecendo un combate entre acción e palabra, sen procurar nel ningunha utilidade, ningunha resposta.”

Embelesándonos con diálogos que te fan reflexionar dende o humor:

“Un polo, un polo sobre unha bandeixiña de papel. Un polo sobre unha bandeixiña de papel dentro dunha bandeixiña de poliuretano expantido. Un polo sobre unha bandeixiña de papel dentro dunha bandeixiña de poliuretano expandido envolto nun plástico. Un polo sobre unha bandeixiña de papel dentro dunha bandeixiña de poliuretano expandido envolto nun plástico cunha etiqueta enriba.
Un polo, mil traballos.”

O termo Tripalium refírese a un instrumento de tres paos no que se amarraba aos esclavos para azoutalos, termo que orixinou a palabra traballo. Non é curioso loitar por dignificar o traballo cando o seu propio nome provén dun instrumento escravista?

Deixamos as reflexións da vosa mán, convidandovos a divertirvos acompañando a Lina Pérez, Jose Allen, María Villa, Ana Fontenla, Martín Souto e Laura Iturralde no seu novo proxecto, esta aventura chamada TRIPALIUM.

tripalium.teatro@gmail.com

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

HAZ CLICK AQUÍ Y VISITA CROA27

croa

Deja un comentario