Semana de cine EuroÁrabe AMAL

Cando: DO 26 AO 31 DE OUTUBRO, SANTIAGO DE COMPOSTELA
Onde: TEATRO PRINCIPAL

Parece que foi onte cando inaugurabamos esta andaina valente e pioneira, un Festival de cinema Euro-Árabe no corazón de Europa. Despois destes 13 anos, son centos de películas, de coloquios, de cancións… as que deixaron unha pegada indeleble na nosa cidade, facendo que Amal sexa parte do patrimonio de Galicia e unha palabra máis do noso vocabulario.
Ao longo destes 13 anos, desde a Fundación Araguaney esforzámonos cada día para que a voz do cinema árabe chegue á docta Europa, por encima de medos, de prexuízos, derrubando fronteiras, facendo da cultura unha ponte capaz de unir ás persoas, demostrando que compartimos os mesmos soños de liberdade e dignidade.

Desgraciadamente en cada edición de Amal tivemos que enfrontarnos á dura realidade do mundo árabe. Masacres, guerras, revolucións frustradas… Pero hoxe esta realidade traspasa os nosos telexornais, en forma de miles de refuxiados, un éxodo cara á vella Europa na procura imparable da VIDA, asumindo a dor, a morte e a desesperanza, como un alto prezo a pagar polo  futuro que a cobiza de armas, o poder e a sanguinaria xeopolítica, se empeñaron en negarlles na súa terra.

Hoxe vémonos obrigados a mostrar a nosa verdadeira cara nesta sociedade europea da que somos parte. Vimos crueis aramados, comportamentos inhumanos… e políticos covardes, tentando frear a única esperanza dun pobo. Pero tamén vimos persoas que miran cara a cara ao medo, que abren os seus brazos, regalan un sorriso, ofrecen os seus fogares, o seu tempo… e é que até o máis pequeno vale para demostrar o que somos. A todos eles, GRAZAS por seren a luz no medio da penumbra.

Este ano máis que nunca, o festival de cinema AMAL e a Fundación Araguaney queren estar alí onde se lles necesita, e desgraciadamente, ten que ver co masacre de Siria e Oriente Medio, cos seus miles de refuxiados, que a día de hoxe, loitan por teren a oportunidade de empezar de novo e aprender a vivir sen medo e sen barbarie preto de nós. Por iso, queremos  facer participe ao noso público, doando ás familias que cheguen a Galicia todo o que recademos no despacho de billetes do Festival, pondo así o noso gran de area na súa esperanza.

Amal, como termo que remite á esperanza, é hoxe máis que nunca, unha palabra vital e necesaria. Grazas a todos vós por serdes Amal.

Ghaleb Jaber Martínez.

Director de la Semana de Cine Euroárabe Amal.

14865_festival-amal

Lunes 26 Octubre

21.00 h. Colonos y Palonas. Documental de Alfonso Pérez Caneiro y Marga Pazos

 

Martes 27 Octubre

20.00 h. Silvered walter, Syria Self-Portrait. Documental de Ossama Mohammed y Wiam Simav Bedirxan

22.00 h. Theeb. Ficción de Naji Abu Nowar

 

Miércoles 28 de Octubre

20.00 h. Azúcar Aparte (Sokar Barra). Documental de Bassel Ramsis

22.00 h. Giraffada. Ficción de Rani Massalha

 

Jueves 29 de Octubre

20.00 h. Los Caballos de Dios. Ficción de Nabil Ayouch

22.00 h. Ghadi. Ficción de Amin Dora

 

Viernes 30 de Octubre

20.00 h. Atlantic. Ficción de Jan-Willem van Ewijk

22.00 h. Villa Touma. Ficción de Suha Arraf

 

Sábado 31 de Octubre

17.30 h. Lawrence de Arabia. Ficción de David Lean

 

www.festivalamal.es

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario