O sábado 21 de Decembro preséntase o conto infantil «O corazón tecido de Catarina», escrito por Ruth Oliveira e ilustrado por Alba Castillo. Terá lugar en Detrás do Marco, na rúa Londres, ás 20.00. Será un pracer contar convosco!
O conto relata a historia de Catarina, quen vive dentro dunha burbulla imaxinaria chea de tristura. Un día a súa avoa Águeda atopa o remedio para desfacela e por fin liberar á súa neta: tecer un corazón de la vermella.