Presentación da revista Plastic Crowds

Data: 27 de Xuño 20:00 h
Lugar: RESCRÓMICA. Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) Rúa do Príncipe 54 Vigo

316024_492943174106564_958303613_n

A revista Plastic Crowds é unha publicación cuatrimestral de creación e investigación artística na que mediante a aportación de 22 colaboradores, poden facer un discurso, un traballo de comisariado.

A revista enténdese como unha exposición que xera o discurso grazas as visións dos distintos membros do colectivo. O número componse de 132 páxinas.

No primeiro número de Plastic Crowds abordan as políticas culturais, máis concretamente as burbullas que tan presentes están na nosa vida cotiá. Comprender as causas primeiras e sinalar os problemas é o primeiro paso para establecer alternativas.

Os membros deste proxecto son Eva Yarza, Marta Yarza, Manuel Beltrán, Manuel Martínez, Braulio Iglesias, Manuel Pascual, Silvia Penas, Daniel Ramos, Anxel Nava, 3D Neighbours, Pam Pam Liu, Pim A. van der Heiden, Kevin LCK, Sonia Barciela, Pedro Cárcamo, NAN Arquitectos, Marta Casadevalls, Santiago Paredes y Alician Durbas. E como invitados: José Luis Pardo y Jorge Luis Marzo.

Plastic Crowds é un colectivo artístico multidisciplinar no que teñen cabida profesionais de distintas artes como artistas, poetas, músicos, arquitectos, deseñadores, historiadores da arte, fotógrafos, etc.

O que busca este colectivo é, ante todo, levar a cabo propostas colaborativas nas que todos os membros interactúen. O carácter transversal é a esencia de Plastic Crowds. O que buscan con iso é complementar as visións e aportar distintos puntos de vista.

É un colectivo aberto tanto á participación como á proposta de actividades dentro do campo das artes; non se centran nunha única actividade. Teñen establecidas varias seccións ou departamentos de proxectos.

A revista Plastic Crowds enténdese como un ensaio multidisciplinar no que colaboradores procedentes de diferentes disciplinas artísticas realizan un único proxecto, cada un na súa linguaxe, é dicir, o poeta a poesía, o artista a súa obra, o historiador da arte os textos etc.

Os 22 colaboradores teñen nacionalidades que van dende Lituania a Corea, pasando por España, Italia ou Holanda. Isto fai que poidan difundir esta revista en varios países e numerosos centros especializados poden acollela.

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario