POZOAMARGO, dirixida por Enrique Rivero, estrearase mundialmente na XII edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla.
O director hispano-mexicano Enrique Rivero presentará a súa terceira longametraxe, titulada POZOAMARGO, na Sección Las Nuevas Olas da XII Edición do Festival de Cinema Europeo de Sevilla o próximo 12 de novembro. Tralas súas premiadas dúas primeiras películas, PARQUE VÍA (Leopardo de Ouro e Fipresci en Locarno 2008, Ingmar Bergman International Debut Award do Festival de Gotemburgo en Suecia e o Golden Crown Pheasant de Kerala en India) e MAI MORIRE (Mellor fotografía no Festival de Roma), Rivero estrea a súa seguinte produción filmada, por primeira vez, principalmente en España.
POZOAMARGO fálanos sobre a forza do desexo, a culpa, a covardía froito da incapacidade de afrontar as consecuencias dos actos e o autocastigo, aínda que tamén nos mostra que ás veces se abren portas para redimirse. Enrique Rivero observa e plasma principalmente a rexión de Castela – A Mancha cun sentido privilexiado da estética, coas súas extensas terras de cultivo de vide e oliveira e a súa xente traballadora que parecese estar suspendida á metade da nada; creando unha nova mirada sobre esta rexión española, e sobre a localidade manchega na que se rodou gran parte do filme e que dá título á película, Pozoamargo. Ademais, outros municipios da provincia de Conca e Albacete, como A Roda ou Casa das Lombas, tamén foron testemuñas desta película que converte a incrible paisaxe e a chaira manchega nun personaxe máis da historia.
Rivero, mesturando unha vez máis realidade e ficción, filmou tanto con actores como con xente da localidade de Pozoamargo e arredores, contando con Jesús Gallego como protagonista e Natalia de Molina, galardoada co Goya á Mellor Actriz Revelación en 2014.
SINOPSIS
Cando Jesús se decata de que contraeu unha enfermidade venérea, decide fuxir e refuxiarse no campo manchego traballando como campesiño. Desexo, culpa e autocastigo acompáñano como unha sombra. Con todo, unha serie de sucesos abriranlle a posibilidade de redimirse.
Por que falades aquí de PozoAmargo e non das demais longas e curtas galegas que tamén se estrearán neste festival? Penso que a principal característica deste ano no festival é a abundante presencia galega, e chámame atención que só faledes deste filme, e gustaríame moito saber por que deste si e dos outros non. Gracias
Bo día Iago,
Recibimos a nota de prensa da estrea de Pozoamargo por zeitunfilms e a publicamos. Somos un grupo de rapazas e rapaces que facemos este proxecto con cariño e que, desgraciadamente, non podemos estar a todo xa que o facemos nos nosos ratos libres.
Sinto moito non haber dado cabida ao resto de curtas xa que nin sequera sabíamos que había máis curtas galegas neste festival.
Se queres axudar a que a revista de máis cabida ao audiovisual galego e non volvamos meter a pata deste modo te invitamos a colaborar como redactor de contidos web (como ben apreciaches, nos fan moita falta máis membros no equipo para non cometer tantos erros) e tamén te animo a que todo o que queiras que teña difusión no lo mandes por mail e intentaremos darlle cabida.
Moitas graciass polas críticas, sen elas non teríamos opción a mellorar.
Un saludo,
Marta Villar Cruces