Microteatro por casa

13179_658339774181348_115725309_n

Este xoves 16 de maio, ás 21.30 abrirase o telón de “La Fiesta de los Maniquíes” (R/ Rogelio Abalde, 11, Vigo) para recibir tres micro-comedias.

Por 5€ poderemos disfrutar de “Os tres presidentes”, “A conciencia cósmica” e “A terapia exposta”.

 

A continuación deixámosvos a sinopse de cada unha delas:

Os Tres Presidentes
Texto: Mario Iglesias
Dirección: Silda Alfaro
Reparto: Xoán Luaces Fandiño e Manuel Chapela Portela
Sinopse: O presidente da nación recibe unha molesta e inesperada visita no seu propio despacho; unha visita que vai obrigalo a facerse unhas cantas preguntas…

A conciencia cósmica
Texto e dirección: Mario Iglesias
Reparto: Sé Rial e María Salgueiro
Sinopse: Dúas mulleres chegan ao seu posto de traballo nunha oficia cando descobren á vez que teñen en común máis do que desexarían…

A terapia exposta
Texto e dirección: Mario Iglesias
Axudante de dirección: María Salgueiro
Reparto: Sé Rial, Ángeles Menduiña e Miquel Condal
Sinopse: Todo o mundo ten problemas, pero unha cousa é contarllos a un terapeuta e outra ventilalos diante de descoñecidos.

+ info de Microteatro por casa aquí

Iria F. Mouriz

Deja un comentario