Disciplina: Música.
Marmota Phil nace na comarca de Compostela no verán de 2005. A formación actual esta composta por David Pereira (batería), Manu Pazos (baixo), Efrén Corzón (guitarras e coros) e Óscar Martínez (guitarras e voz).
O noso nome nace a raíz da película “Atrapado no tempo” (Groundhog Day) do ano 1993, que xira a redor do día da marmota e na que aparece Phil, o roedor meteorolóxico máis famoso.
Dende os comezos ata hoxe , fomos creando o noso repertorio actual, baseado sempre en temas propios, pero sen renunciar a versionar grupos dos que desfrutamos como Red Hot Chili Peppers, Ramones, Creedence Cleanwater Revival, Nirvana, etc . Somos un grupo que xoga coas distintas vertentes do rock, ecléptico, sen importarnos para nada as etiquetas.
No 2008, gravamos a nosa primeira maqueta: “At the Stairs”, que tivo una boa aceptación, e que nos animou a volver á estudio a finais do 2010, para presentar o ano seguinte o noso primeiro LP: “Sigue Buscando”. Este traballo abreunos as portas ás distintas plataformas audiovisuais, e a final dalgún concurso. Do tema que da nome ó disco, realizamos un videoclip de animación, ilustrado e creado por Pedro Díaz, que fixo un grandísimo traballo.
A día de hoxe, seguimos xirando por toda a xeografía galega presentando os noso temas, e creando novos, esperando vindeiros traballos.