26 XUÑO
MARCO MEZQUIDA TRÍO
Concerto de apertura
21:00h, Auditorio Municipal do concello
Durante tres anos consecutivos, 2011, 2012 e 2013, a Asociación de Músicos de Jazz Música Moderna de Cataluña, considerou o pianista Marco Mezquida (Menorca, 1987) “músico do ano”. Hai preto de cinco anos que puxo en marcha o seu proxecto de trío xunto ao contrabaixista sueco Marko Lohikari e o batería arxentino Carlos Falanga.
27 XUÑO
GILAD HEKSELMAN TRIO
Concerto
21:00h, Auditorio Municipal do concello
Desde hai dez anos Gilad Hekselman (Israel, 1983) é un dos guitarristas destacados da escena musical neiorquina.
28 XUÑO
WILFRIED WILDE TRÍO
Jazz fóra de lugar
13:00h, Rúa Joaquín Yáñez (diante de De Cholo Café Bar)
···················································
ALBERTO CONDE – SHAKIR KHAN: HUMAN EVOLUTION MUSIC PROJECT
Concerto
21:00h, Auditorio Municipal do concello
Con este sexteto, Alberto Conde (Caracas, Venezuela, 1960) crea un espazo de contacto entre tradicións musicais distintas, xuntando músicos de Galicia, de Portugal e da India.
29 XUÑO
FELIPE VILLAR TRÍO
Jazz fóra de lugar
21:00h, Fundación Sales (Avenida de Europa, 52)
30 XUÑO
SUPERPLAYBACK
Academia de Sons
11h – 14h, MARCO (Príncipe, 54)
···················································
PIERRE BASTIEN
Concerto
20:30h, MARCO
Na escena musical internacional considérase a Pierre Bastien pioneiro dalgúns dos discursos sonoros actuais da música experimental ou a electrónica.
1 XULLO
ARTE SONORA. ENCONTRO CON PIERRE BASTIEN
Academia de Sons
11h – 13h, MARCO (Príncipe, 54)
···················································
XAVI LOZANO
Concerto
20:30h, MARCO
Xavi Lozano é un músico teatral. Comezou como un apaixoado das frautas até que comprobou que todo obxecto emitía algún son e desde aquel momento descubriu instrumentos musicais en todas partes.
2 XULLO
OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS INSÓLITOS
Academia de Sons
11h – 13h, MARCO (Príncipe, 54)
···················································
BRUITAGE
20:30h, MARCO
Que significa Bruitage? Por un lado, é unha voz francesa que define os efectos de son utilizados no cine. Por outro, tamén significa xerar artificialmente sons para recrear unha realidade. O nome reflicte perfectamente a estética do grupo e a grande cantidade de recursos sonoros que despregan os seus membros, con importantes traxectorias na escena da improvisación europea.
···················································
A LAPA TRÍO
Jazz fóra de lugar
21:30h, Galería Javier Teniente (Rúa de Abeleira Menéndez, 13)
3 XULLO
NINGÚN SON É INOCENTE
Academia de Sons
11h – 13h, MARCO (Príncipe, 54)
···················································
HUGO CARVALHAIS NEBULOSA TRIO
Concerto
21:00h, Auditorio Municipal do Concello
Sen dúbida un dos novos talentos do jazz en Portugal e no conxunto de Europa, Hugo Carvalhais (Porto, 1978) achégase por vez primeira a Vigo en formato trío.
···················································
SUMRRÁ + CONVIDADOS
Concerto
23:00h, Praza da Constitución
Hai 14 anos e 4 discos que a banda Sumrá nacía en Compostela. O ano 2014 marcará un cambio de ciclo para o grupo que, entre outras liñas de traballo, afronta a súa difusión internacional, con primeiros pasos en Sudáfrica, Bulgaria, Bolivia e París.
4 XULLO
OS SUPERHÉRCULES
Academia de Sons
13h, Detrás do MARCO
···················································
MICHAEL WOLLNY
Concerto
21:00h, Auditorio Municipal do Concello
De Michael Wollny (1978) din en All About Jazz que “combina o pracer da exploración cun traballo de altísimo nivel. E, como resultado, estase a converter nun dos máis prolíficos e impredicibles intérpretes da escena do jazz en Europa”.
···················································
ALFREDO RODRÍGUEZ
Concerto
23:00h, Praza da Constitución
A crítica di que o piano nas súas mans é un instrumento de percusión e destaca o seu estilo libre e pouco ortodoxo.
5 XULLO
DAVID REGUEIRO TRÍO
Jazz fóra de lugar
13:00h, Detrás do MARCO (Rúa de Londres)
···················································
LUCÍA MARTÍNEZ BERLINER PROJEKT AZUL CIELO
Concerto
21:00h, Auditorio Municipal do Concello
Azulcielo implica un repertorio completamente orixinal, no que se desenvolven composicións baseadas en moitos casos na tradición española musical e cultural, pero cunha visión contemporánea.
RIVERSIDE QUARTET
Concerto
23:00h, Praza da Constitución
É un pracer para Imaxina Sons contar con esta formación de luxo na décima edición; formación na que se integra o trompetista de Nova York Dave Douglas, tras o seu exitoso paso polo festival na edición de 2010.
···················································
TON RISCO
Jazz na noite
01:00h da madrugada, Xancarajazz